Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.379 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Medio

  • Da historia da agricultura a Amazon, pasando por riba de nós

    Da historia da agricultura a Amazon, pasando por riba de nós     Mirando cara atrás, a historia apunta a que os abonos pasaron a ser necesarios cando se intensificaron os cultivos, pero sobre todo cando os cultivos foron destinados a consumir lonxe de onde se producían. Nese momento, os refugallos xerados, incluído esterco e defecacións…

  • Prácido día

    Terraza agardando       Prácido día. Saio para xestións e achégome ó parque. Baleiro, parece iluminado ex professo. As sombras das árbores contribúen a resaltar a luz que os envolve. Os ruídos omnipresentes no día a día da vila sucumben ás veces ante o piar dos paxaros. Trinos agudos dalgúns, preto, cu-cus máis lonxe.…

  • Un iceberg dúas veces o tamaño da Mariña

    Hai máis de tres anos deixaba esta entrada: Un billón de toneladas de xeo. daquela, a nova era que estaba recén desprendido da Plataforma Larsen C da Antártida un xigantesco iceberg de máis de 100 km de longo. Tardou tempo, uns dous anos e medio, en afastarse da Península Antártica, deixando atrás o punmto máis…

  • Tormenta eléctrica sobre Ribadeo

    Xa anoitecido, onte houbo unha tormenta eléctrica que, cando a vin, estendíase dende a zona de Trabada a Reinante. Aquí queda algunha captura de relampos coa ponte dos Santos e Ribadeo en primeiro plano. Naturalmente, as imaxes do vídeo non dan fe da grandiosidade observada a ollo nu dende a outra beira da ría. Os…

  • Un anuncio para Ribadeo dende o Principado

       Supoño que chega ben porque na práctica, non afecta ó noso termo municipal. Aínda así, hai que ir á sé electrónica de Ribadeo pois non é doado atopar noutro lugar (de Ribadeo). Trátase da instalación dun parque eólico en Boal que vai supoñer a ampliación dunha subestación eléctrica en Castropol, concello limítrofe… Velaeiquí os…

  • Ribadeo está na Terra, non? Pois está chamado á acción o sábado

     Amigos da Terra únese á convocatoria mundial:  O vindeiro 25 de setembro, 25S, levarase unha nova convocatoria mundial para demandar accións globais contra o cambio climático. Desde Galicia, o Movemento Galego polo Clima, realiza accións baixo o lema Xustiza climática para sair de todas as crises! #XustizaClimática, que se realizarán entre o 21 de setembro…

  • A FERVENZA DO POZO LEXOSO. Emilio Piñeiroa Lozano

    O Concello de Ribadeo presenta grandes contrastes que ofrecen ao visitante infinidade de espazos e sensacións diferentes, dende a costa bañada polo Cantábrico (praia das Catedrais, os Castros, Rinlo, Illa Pancha, a ría…) ata os bucólicos vales e montañas do interior. Na visita ao interior do Concello, parada obrigatoria é a fervenza do pozo Lexoso,…

  • NA COSTA DE BARREIROS: Rochas que retan a imaxinación. Emilio Piñeiroa

    A imaxinación non ten barreiras: o zoo pétreo da costa barreirense é auténtico. Os senderistas que camiñan dende a praia de Arealonga en Reinante ata a de Fontela en Benquerencia, recoñecen todo tipo de figuras, rochas labradas durante millóns de anos. Custa velas, pero están aí. A primeira rocha entre Arealonga e a Punta do…

  • A illa que ninguén quere abrir. Covadonga Suárez, Colectivo «Por Nuestro Faro

    O Concello de Ribadeo ven de desestimar o recurso presentado por este colectivo contra a licenza de obra dunha cafetería, e non nos estraña nada. De verdade, dicímolo totalmente en serio. Era máis que esperado. Recordemos que aló por 2015 o alcalde de Ribadeo felicitábase na prensa polo esforzo de contención urbanística que permitira preservar…

  • A normalidade non voltará: que bonita terriña… e como nola estamos cargando

    Vai rematando o verán, e no ciclo estacional, achegándose o outono. Un ano máis, como se ven producindo por milenios e miles de milenios. Normal… aparentemente. De sempre, por pequenas flutuacións, non hai dous anos iguais, dos outonos iguais… por moito que a Terra siga a ter equinoccios ou solsticios periódicos virtualmente idénticos. É momento…