-
Alcoa sálvase soa
‘Alcoa sálvase soa. O que hai que salvar é o tecido industrial da Mariña. Postos de traballo mellor remunerados que os da hostalería.’ O anterior é o comezo do comentario dun amigo. Pola miña parte, considereino unha continuación de “Alcoa na Mariña: tan lonxe, tan preto”, un tema que daría para un libro…
-
Alcoa na Mariña: tan lonxe, tan preto
Alcoa, no corazón da Mariña, está estes días tamén na cabeza dos mariñáns. Sen ir máis lonxe, mañá mesmo, domingo 31 de maio, terá lugar unha concentración en Ribadeo co lema ‘Alcoa non se pecha’. Era o 1998 cando unha industria pública española se vendeu ó sector privado estranxeiro para rematar hoxe sendo…
-
De catedral mariña a resto arqueolóxico, sen deixar de reverenciala
Hai poucos días saltou a nova: Mariña Patrimonio, en razón de estudos preliminares, defende a importancia arqueolóxica das Catedrais. Conxunto nesta entrada tres comunicacións que me chegaron de Mariña Patrimonio que considero importante manter xuntas para ver a liña de actuación dunha asociación non turística no enclave turístico por excelencia de Ribadeo e da…
-
Espectáculo en Rinlo (e perigo)
Onte Rinlo era un espectáculo. O Cantábrico en xeral. As ondas despellexaban a terra, voltaba a auga marrón ó mar despois de terse levantado moitos metros e golpeado, arrincando o substrato por riba da rocha e mesmo abrindo de desprazando a mesma rocha. Imaxes da auga chegando ó campo de fútbol en Tapia ou o…
-
De tempos e ratios: un médico para Ribadeo
Hai preto dun ano comezou a rumorearse. Ninguén fixo caso. A cousa foi en aumento, a Plataforma Sanitaria da Mariña advertiu … chega este setembro e parece que chegou o momento de estoupar como nova: Ribadeo, se non o remediamos, quedará sen un médico dos que tiña. No medio, no que parece unha estratexia ben…
-
Unha comparación que afecta a Ribadeo: meteoroloxía
Antonte a predición televisiva do tempo na zona daba choiva (para onte) e choiva (para os próximos días). Onte foi o mellor día de Sol en Ribadeo no que vai de ano. Evidentemente, non acertaron. Coido que cando se fai unha predicción cabe ese risco. Pero cando as predicións se alongan ata unha semana enteira,…
-
Sobre a demografía actual na zona
Este mesmo mes, un amplo artigo de La Voz de Galicia ofrecía unha táboa coa demografía de cada un dos municipios da Mariña. Aproveitando esa táboa, fixen un reparto de datos para poñer en perspectiva a demografía mariñán dende hai século e medio. Aproveitei a subdivisión comarcal como referencia, e o resultado é o seguinte:…
-
Nova vella entrada: Achégase o Fin de Curso
O tema é xa vello, pero renóvase tódolos anos, na mesma época (que non é ista). O texto foi publicado o 19960630. – Achégase o Fin de Curso Na nosa tradición occidental parece que tomamos a vida e os sucesos como algo lineal; eso din os estudosos da mentalidade social. Nembargantes, celebramos os ciclos. Este…
-
Estamos na periferia
Deixo outro artigo publicado na Mariña de El Progreso a 19960522. O cambio tecnolóxico e a súa continuación nos custes económicos é patente, pero nun día como hoxe, que a conexión a internet chegou a estar parada, ou ouho algún corte de luz, coido que ven a conto. No último parágrafo, paráfrase dunha cita que…
-
O estiramento dunha masa
Procurando outras cousas, remata de caer a miña atención na versión dixitalizada de artigos que teño publicado en tempos (década dos 90) na Mariña de El Progreso. Deixo unha das publicacións que coido resistiu abondo ben o tempo, a pesares da temática: O estiramento dunha masa (4/12/97) A semana pasada volvín escoitar mencionar un efecto…