Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Illa Pancha

  • Documentando (tentando) a Illa Pancha

    Despois de ter publicado hai uns días ‘Crónica informal sobre unha xuntanza, coa illa Pancha ó fondo‘, o paso seguinte acordouse que era repedir documentación da que non se dispoñía. A petición, xestionada a traverso da AVV O Tesón, foi ingresada onte no concello (pódese ler en tamaño maior premendo co rato sobre ela, aínda…

  • Crónica informal sobre unha xuntanza, coa illa Pancha ó fondo

    Distendida, clarificadora, produtiva: estimo que os adxectivos anteriores definen boa parte do que foi a xuntanza de onte sobre a illa Pancha. Sobre a illa, e non só sobre o faro, porque quedou claro que o faro, o edificio, é só unha parte afectada pola cesión para o seu uso hostaleiro. Pouco a pouco vai…

  • Sobre o faro, abrindo camiño (continuación)

    Despois de escribir esta mañá ‘sobre o faro, abrindo camiño‘, atópome cunha sorpresa no correo de hoxe: a carta circular do alcalde anunciada na súa nota de prensa, e quero compartila, a máis de dicir que é básicamente, copia do exposto na web do concello en pdf, e que segue sen responder a cousas que…

  • Sobre o faro, abrindo camiño

    Convócase nas redes sociais unha asemblea para tratar ese tema, o do faro. Ás 20:30, no altillo do Cantón, este domingo 1 de novembro. Resulta curioso que meses despois de ser demandadas preguntas polos cauces normais, sexa no momento no que vai medrando a protesta e o xornal volve facerse eco dela cando se entregue…

  • Comeza a variación do faro

    Xa deu nota a prensa, a raíz dunha foto tomada no camiño dende a ponte da illa Pancha ó edificio do faro, do ‘inicio das obras’, aínda que quizáis debera dicir do ‘inicio da variación’. Tamén deu nota do envío dun correo electrónico ó concello, unha actuación máis despois de xa varias peticións por escrito…

  • Xordeira

    Creo que as institucións -a grandes rasgos- son entidades que serven para administrar a sociedade. Como calquera outra cousa, para funcionar necesitan interacción: recibir información, procesala, actuar… En España, caso coñecido por estar nela, as institucións preséntanse moitas veces como autistas, pero diría que máis aínda como xordas: teñen dificultades co tratamento da realidade, pero…

  • Unha ría recurrida

    Unha boa foto aérea de Miguel ilustraba días pasados unha nova de trámite: casi 200 000 m2 na Lieira e 20 000 m2 na Fontela foron solicitados por Ostrastur para sementar ostras, actividade na que traballa con autorización provisional. A Consellería de Agrogandeiría e Recursos Autóctonos do Principado de Asturias somete a información pública o…

  • Axenda cultural 3º trimestre de 2015 en Ribadeo

    Deixo o aviso da nova axenda cultural, e poño a súa evocativa portada como ilustración:

  • Este anoitecer, espectáculo

    Disfruta, se a temperie deixa, dun espectáculo esta noite (e as próximas, diferente). A partires das 10 e media – 11 menos cuarto, se está despexado cara ó oeste (é dicir, dende Ribadeo, cara a Foz ou a Vilanova), o ceo irase escurecendo e aparecerá primeiro, unha luminaria que se fará cada vez máis brilante…

  • Ave, Caesar / Benvido, líder

    Saúdos, César. Imaxino a naturalidade dos romanos saudando ó césar, acatando ó tempo a superioridade e a disposición a loitar pola Roma representada pola figura cesarina. Quizais non se concebía outra forma (aínda que aí está o asasinato de Julio César para amosar a relatividade do dito). En tempos máis actuais, os gobernantes soen invocar…