-
A ría de Ribadeo ten nome
Onte chegou a min un vello artigo (do 2002) sobre a historia do nome da ría de Ribadeo, por Gonzalo Anes, en La Nueva España, que antes fora publicado en ABC, ningún dos dous considerado ‘pro Galicia’, que eu saiba. Queda referido asemade en Publicado en Ribadeo. E unha curiosidade: quen tente atopar o artigo…
-
Sobre unha barreira en Ribadeo
Unha pequena historia… Dende a construción do ferrocarril da costa, ten habido un paso a nivel nos Garitos, ata que con bo criterio, decidiuse substituílo por un paso inferior. Entón desviouse a estrada, que antes transcorría segundo a liña vermella, a un trazado semellante ó da liña verde, baixando o nivel da calzada e subindo…
-
Domingo de concentracións
Hoxe houbo unha concentración entre 11:30 e 12 na Ponte dos Santos a conto do paso ciclista sobre a ría. Rebobinando, esta semana houbo un accidente dun ciclista ó pasar pola beira, co resultado dunha mandíbula rota. Hai xa dous anos que O Tesón presentou unha pregunta no pleno, que o alcalde dixo que ía…
-
O Prestige? Nunca máis!
Literalmente, unha imaxe do dominio público. O pobo que esquece a súa historia está condenado a repetila. E ista historia comezou hai hoxe dez anos.
-
Principais estatisticas de Ribadeo a día de hoxe, no IGE
Collidas provisionalmente do IGE, a día de hoxe, e presentadas tal cal: Coido que están claros diversos datos, como a porcentaxe do sector servizos ou o que significa o saldo vexetativo … aínda que algún día voltarei pola interpretación.
-
A honra de Ribadeo
A honra dun pobo é a dos seus cidadáns. Onte domingo tivo lugar o recoñecemento (din concesión, pero coido que é mellor a verba que eu uso) de fillos adoptivos e fillo predilecto respectivamente a José Calavera Ruiz, John Rutherford e Víctor Moro Rodríguez. Moito para resumir nun acto diverso que sumou…
-
Ribadeo e o cine
Case co ano naceu un blog adicado á historia do cine en Ribadeo: Ribadeo e o cine. Polo que levo visto, de visita obrigada para os cinéfilos ribadenses.
-
unha ligazón sobre a ponte dos Santos, dende o lado asturiano, e outra, do galego, máis algo de historia, en espera de cumprir 15 anos o 29 de xullo
Dende a outra beira da ría de Ribadeo:http://www.elcomercio.es/v/20120722/asturias/puente-santos-cumple-anos-20120722.html Dende a beira de aquí:http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2012/07/22/puente-santos-cumple-25-anos/0003_201207X22C2995.htm e http://www.facebook.com/notes/ribadeo/puente-de-los-santos-por-jlvieites/215527991523 Algo de historia:http://ribadeando.blogspot.com.es/2011/07/sobre-ponte-dos-santos-na-ria-de.html Folleto de difusión da Ponte dos Santos (datos, estrutura, …): http://publicadoenribadeo.wikispaces.com/Folleto+Ponte+dos+Santos Artigo sobre a ampliación da ponte (asemade con datos): http://publicadoenribadeo.wikispaces.com/Artigo+ampliaci%C3%B3n+ponte+dos+Santos
-
A corbeta mercante “BELLA ANTONIA”. Pancho Campos
–Artigo para o libro das Festas do Carme 2012 escrito por Pancho Campos, que espero en breve será acompañado con algún outro relativo á influenza no desenvolvemento da zona e capa da ría que tivo a ponte dos Santos, a punto de cumprir 25 anos (inaugurado o 29 de xullo de 1987)– Os barcos representan…
-
Máis historia en Ribadeo
Onte, no DOG, proclamábase o “DECRETO 153/2012, do 5 de xullo, polo que se transforma o centro público integrado Celso Emilio Ferreiro de Vigo en centro público de educación primaria, se fusionan os institutos da localidade de Ribadeo e se trasladan ensinanzas.” É dicir, xa é oficial que o próximo curso haberá o Instituto de…