-
25 de abril, toca revolución. Miro Casabella
A ‘revolución dos caraveis‘ en Portugal hai 40 anos marcou un día distinto tamén para España, sumida naquela época no final do franquismo. Hoxe vese como unha revolución incruenta, case como unha excepción dentro do cambio político instantáneo, e tamén se pode observar en perspectiva a traxectoria portuguesa posterior e concluír cales foron os cambios…
-
Publicado en Ribadeo: Pegadas da prehistoria de Ribadeo
Polo momento, só en formato open document, a obra de Emilio Piñeiroa Lozano presentada no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo e posteriormente na Casa das Letras: http://publicadoenribadeo.wikispaces.com/Pegadas+da+prehistoria+en+Ribadeo Nota posterior: Por necesidade, estase a cambiar o lugar de ‘publicado en Ribadeo’. Irase poñendo nota do material e o novo lugar de publicación en http://ribadeando.blogspot.com.es/search/label/publicado%20en%20Ribadeo
-
14 de abril, cumpreanos da II República Española
Coincide nos comezos da Semana Santa, este ano. Pero nada que ver. Independencia totoal. A Segunda República Española tivo unha vida curta, pero activa, na que conseguiu moitas cousas pero perdeu unha guerra. Dende a Galipedia collo os seus símbolos: E o Himno de Riego. En Ribadeo celebrouse con antelación: Algúns complementos: http://www.eldiario.es/politica/abril-democracia-llama-Republica_0_249175325.html http://www.eldiario.es/politica/Segunda-Republica-leyendo-periodicos_0_249175315.html
-
Ribadeo, autovía A-8, km 520, unha curiosidade
Hai anos xa que sucedeu. A ‘primeira pedra’ ante electoral do tramo da A-8 que Atravesa a N-634 á altura do alto dos pinos. Cerimonia informativa no que sería o propio cruce entre ambas estruturas, obviando que habería retraso no comezo en si. E logo, nada, no que respecta ó espazo empregado para a cerimonia.…
-
E a luz fíxose para iluminar estes tempos
Remato de ler en Crónica 3 o artigo Foz: 105 anos con luz. Hai anos (coido que polo 98, pero non din procurado referenzas) pasei pola exposición ‘E a luz fíxose’ en Santiago, conmemorando os cen anos da instalación de luz electrica na cidade. En Ribadeo non coñezo a historia correspondente, pero ten que andar…
-
Concerto de Nadal do grupo Magnificat
Onte tiven ocasión de ir ó Concerto de Nadal do grupo Magnificat, de estrea do conxunto de obras de Eli García-Bouso seguindo o evanxeo de San Lucas. Cheo total e xente, moita, de pé. Gravei nun lateral e con móbil o concerto, coas conseguintes imperfeccións, a ter en conta, e incluíndo case tódala explicación do…
-
Desprestixio
Hai desprestixios inmediatos e hai outros ganados a pulso, durante tempo. Pertencen a categorías diferentes. Os ganados a pulso son a suma de accións que van aumentando o desprestixio, algo así como un desprestixio composto. Algo que se consolida no tempo e sobre o que logo é moi difícil que cambien as ideas, porque se…
-
Como facer chourizos e curalos (liñas xerais)
Cóllese o magro do porco ou substancia adornada por moitos cartos, e pícase. O do picado é para evitar transparencia e que non se saiba ben de onde ven a substancia, podendo así misturar con facilidade a partir de diferentes lugares do porco. É algo fundamental para que pase por chourizo e non por, poñamos…
-
Xira alternativa
Onte foi a xira de Santa Cruz 2013. Despois da polémica que a antecedeu, coido que foi abondo normal, dentro do normal que se pode cualificar un día así. A temperie acompañou e Ribadeo estivo petado pola mañá. Como xa é tradicional a xente comezou a desaparecer do pobo cara a mediodía, pero preto da…
-
RÍA DE RIBADEO. USOS E COSTUMES DO MAR.- Pancho Campos Dorado
Resultoume sorprendente o artigo do 15 de Xuño actual, neste querido semanario de La Comarca del Eo, de D. Jesús Alonso: “No nos callarán, hoy y siempre … “Ría del Eo”. Sorprende ver como se pode ser capaz de escribir sobre un tema que se desconoce e se falta absolutamente o rigor histórico do que…
