Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.359 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: historia

  • O XACEMENTO DE LOUSELAS DE RIBADEO, Artigo de Pancho Campos

    Fai meses que levo pensando en escribir algo sobre o xacemento de Louselas, localizado na parroquia de Sta. María de Vilaselán, pero aínda que é un tema para min apaixoante, éme difícil desenrolar estas liñas posto que carezo dos coñecementos académicos indispensables para resumir paso a paso de forma sinxela os feitos que somentes pretendo…

  • 15 de outubro de 1915. Publicacións de Isidoro Asensio

    Hoxe, hace 100 anos, nacía en Sevilla Isidoro Asensio Amor. Ese foi o motivo para que hai uns días lle pedira a Roberto Rodríguez o que publicou e republiquei como “NO CENTENARIO DE ISIDORO ASENSIO AMOR (artigo de Roberto R. Rodríguez)“, ou para que editara e aumentara (pouco, polo momento) a entrada correspondente na Galipedia.…

  • Ence e Ribadeo, oito anos

        Hai uns oito anos que se anunciou que Ence ia ter un ramal ferroviario que comunicaría a empresa co Musel para substituír as viaxes a Ribadeo. É posible (está por estudar) que saíra á conta medioambiental, pero a discusión non foi por aí. Entre outras cousas, queriase aproveitar para facer unha macronave no porto…

  • Cultura feita en Ribadeo

    O IES de Ribadeo Dionisio Gamallo comezou a usar ese nome hai dous cursos. Iso, o poñerlle un nome foi quizáis o detonante para que o curso pasado se comezara co que pode ser unha longa tradición no futuro, as charlas de comezo de curso. Así, na primeira charla, curso 2014/2015, Toni Deaño, ex-profesor que…

  • Carta da Diócese á A. de veciños de Santalla de Vilaosende

    Só a modo de constancia deixo aquí a copia da carta que o bispado de Mondoñedo-Ferrol enviou dentro da polémica relacionada con Emilio Silvaje:

  • Edelmiro Bascuas, in memoriam, por J.Mª Rodríguez

    Collido de http://cargadoiro.blogcindario.com/2015/08/00432-edelmiro-bascuas-lopez-eminente-investigador-de-hidronimia-calega.html — Edelmiro naceu en A Meda, concello de Castroverde (Lugo) o 15 de abril do ano 1931. Fixo estudos eclesiásticos no seminario de Mondoñedo, no que a súa traxectoria, sempre matizada pola súa senlleira humildade, foi sen dúbida sobresaínte, destacando como estudante moi brillante por riba dos seus compañeiros e mesmo de…

  • Do traballo ao triunfalismo

    Onte, luns tres de agosto, o concello despachou tres novas de prensa. Unha, co anuncio de simulacros nas praias, outra anunciando a apertura de prazo para un taller de harmonización corporal, e a terceira, de “Ribadeo, a tope“. Coido que os títulos, copiados da web do concello, xa son abondo ilustrativos da liña que seguen…

  • Indianos, de José Mª Rodríguez

    Cortopego dende o blog de José Mª Rodríguez: – E logo pra onde vas tan á présa, Xan, ¿Tes algo de novo?, preguntoulle Xan ó veciño vendo pasar con paso apurado cara a vila, vestido de traxe novo e sombreiro. – Non, oh. E que me vou pra América, respondeulle o veciño. – Manda carallo,…

  • Coñece Ribadeo

    Hai programadas actividades de coñecemento de Ribadeo. Están orientadas ó turismo, pero, por que non aproveitalas a mesma xente de Ribadeo? Unhas destas actividades foron presentadas onte, as xeorutas, unha, para coñecer a xeoloxía da zona das Catedrais, e outra, relacionada coa actividade na zona de Rinlo. As xeorutas comezarán a desenvolverse o 15 de…

  • Un galeón na ría de Ribadeo

    Aclaración: no fondo… Coido que pode considerarse esta entrada como continuación destas outras: “Descoberto nun dragado o pasado ano un pecio na ría de Ribadeo do Século XVI de 32 m de eslora: Charla“e “Investigación en Ribadeo: Galeón” Si, se se ve o vídeo, pode apuntarse a que ten algunha característica que fai un documento…