Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.418 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: historia

  • IN MEMORIAM DOS MORTOS NA PONTE DE ARANTE. Pancho Campos Dorado

    Confluencia do rego de Lexoso e o rego de Arante para constituír o Río Grande. Santuario das Virtudes.   Quixeramos suxerir aos organizadores da Romaría das Cruces, pois despois de asistir algúns anos a tal evento histórico na Capela de Nosa Señora das Virtudes da Ponte de Arante, vemos que logo dos actos da procesión,…

  • Pensando na auga cos pés na terra

      Aló polos 80, o concello de Ribadeo e o centro de Formación Profesional colaboraron de xeito que o principal motivo de iluminación nas festas era un escudo feito no centro. Orgullo para o centro e os alumnos que o fixeron, e aproveitamento tamén por parte do concello. Unha colaboración, como se di agora, win-win…

  • Fágase a Luz

      O pasado sábado Luz Pozo Garza foi declarada filla predilecta de Ribadeo. Non puiden asistir; como compensación engadín algunha cousa á súa xa longa entrada na Galipedia.   En casos semellantes soe haber propaganda de diverso tipo, maiormente institucional, que anima a outra xente máis ou menos próxima a unirse á corrente, resaltando a…

  • Para comezar o ano lembrando. Libro do 5º aniversario da Banda de Música Municipal de Ribadeo

    Había un tempo que xa non estaba na rede. Agora volve estar. O libro do 5º aniversario da Banda de Música Municipal de Ribadeo (en 5 partes): Libro 5º aniversario Banda de Música Municipal de Ribadeo. Parte 1 Libro 5º aniversario Banda de Música Municipal de Ribadeo. Parte 2 Libro 5º aniversario Banda de Música…

  • Actores ribadenses

    Non pretendo aquí deixar conta máis que dunha curiosidade: actores ribadenses que aparecen na IMDB, Internet Movie Data Base, unha páxina web completamente accesible de recursos cinematográficos. Poño só uns poucos, rstrinxidos a unha soa película: Os mortos van ás présas, película pola que cheguei ós datos. Aquí quedan algunhas das reseñas, que copio ó…

  • A idade dos alcaldes de Ribadeo: Alcaldía de Ribadeo e idade

        No seu momento, esquecín poñer ó día un gráfico curioso: o das idades dos alcaldes de Ribadeo. Aproveito agora para actualizalo de xeito parcial.     Os dez alcaldes de Ribadeo na época democrática están ordeados por data de acceso ó cargo, aínda que os hai que estiveron só uns poucos días (a maioría dos…

  • Escudos de Armas do Concello de Ribadeo

    Onte presentouse o libro Escudos de Armas do Concello de Ribadeo: heráldica, xenealoxía e nobiliaria.O salón de actos da Casa do Mar de Ribedo acolleu ó público que desfrutou das palabras de Pancho como adianto á lectura do libro. Alí saíron ordeadas a xénese da heráldica ou parte da historia ribadense, e non só relacionada…

  • Apuntes para unha presentación sobre Ribadeo

    Non vai ser a única vez que fale da presentación. Ou, sobre todo, do libro Escudos de armas do concello de Ribadeo. A cita de venres na Casa do Mar de Ribadeo está recollida en parte no blog coa etiqueta ‘Pancho Campos‘. Pero en todo proceso de investigación, como o que levou a Pancho a…

  • Rueiro ribadense. De Porcillán ás catro calles

    As novas placas de Sargadelos dan moito xogo. Na subida por Antonio Otero dende que se sae de Porcillán ata chegar á zona das catro calles, aparecen uns cantos abondo ilustrativos. O mapa centrado na subida: No comezo da rúa da muralla (é dicir, subindo á dereita) está o rótulo da antiga porta de Santo…

  • CRANIOS HUMANOS EN TRES IGREXAS DA CONCA DO EO. Emilio Piñeiroa Lozano

    A maioría de persoas relacionan as caveiras ou cranios coa morte, con algo malo e escuro pero en moitas culturas dende a Idade de Pedra, pasando pola Idade Media e ata os nosos días foi obxecto de fascinación e veneración. Na conca do Eo son tres os lugares documentados nos que aparecen caveiras incrustadas nos…