Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.418 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: historia

  • O HENGE DE A RODA. Pancho Campos Dorado

        O xacemento arqueolóxico de A Roda situado na parroquia de Santiago de Reinante no Concello de Barreiros, é un anel lítico con certas irregularidades, isto é, un anel composto de dous círculos case concéntricos paredados cunha mestura de pedras grandes (ciclópeas ou megálitos) nos cimentos e outras de tamaño mediano nos cachos de paramento…

  • BÁCULO E CALZADO DO BISPO D. PELAIO II DE CEBEIRA. EMILIO PIÑEIROA LOZANO

        Ribadeo e S. Martiño de Mondoñedo (Foz), comparten a peculiaridade de que foron, por un tempo, sé da diócese mindoniense. En tempos do rei Fernando (fundador da vila de Ribadeo) e do bispo mindoniense Rabinato, ano 1182, a sé pasa a Ribadeo, pero tan só uns cantos anos, parte dos pontificados de Rabinato (1174-1199)…

  • A illa que ninguén quere abrir. Covadonga Suárez, Colectivo «Por Nuestro Faro

    O Concello de Ribadeo ven de desestimar o recurso presentado por este colectivo contra a licenza de obra dunha cafetería, e non nos estraña nada. De verdade, dicímolo totalmente en serio. Era máis que esperado. Recordemos que aló por 2015 o alcalde de Ribadeo felicitábase na prensa polo esforzo de contención urbanística que permitira preservar…

  • A Ponte de Arante: pintura mural do Naufraxio. Emilio Piñeiroa Lozano

    A Ponte de Arante: pintura mural do Naufraxio Por Emilio Piñeiroa Lozano Hoxe A Ponte é lugar de importancia por ben fundadas razóns, amalgando Historia e tradición, devoción e Arte para ofrecer ao visitante innegables atractivos. Dunha parte, A Ponte é un centro mariano de relevo, con moitos devotos e romeiros. Doutra, a Nosa Señora…

  • O que ten nome existe: toponimia da historia de Ribadeo

      Dentro das Xornadas de Historia Local 2020 organizadas pola Asoc. Cultural Francisco Lanza de Ribadeo, o 21 de agosto no auditorio de Cabanela tivo lugar a charla O que ten nome existe: toponimia da historia de Ribadeo, impartida por Rocío Dourado Fernández e presentada por Farruco Graña. Deixo en baixo a ligazón gravación que…

  • VILAFRAMIL E VILAUSENDE NO MUSEO DE ARTE SACRO DE VILANOVA DE LOURENZÁ. EMILIO PIÑEIROA LOZANO

    VILAFRAMIL E VILAUSENDE NO MUSEO DE ARTE SACRO DE VILANOVA DE LOURENZÁ. EMILIO PIÑEIROA LOZANO Na igrexa benedictina do Mosteiro de Vilanova de Lourenzá, hoxe igrexa parroquial, atópase o museo que conta cunha importante colección de arte sacro, incluíndo ourivería, escultura, pintura, mobiliario e indumentaria. Desta colección de obras convén destacar o relicario barroco do…

  • No nome de Isaac. Pablo Mosquera

    No nome de Isaac Para os galegos o 25 de xullo é a nosa Festa Nacional. Como Comunidade Histórica temos, podemos e queremos, celebrar tal día como símbolo da nosa identidade como pobo, con idioma, cultura e territorio. Os que vivimos e sentimos esta costa Cantábrica do norte Galaico temos un lugar de referencia. Como…

  • ESCUDOS DE ARMAS DA CASA TORRE DE PUMARÍN. Pancho Campos Dorado

    ESCUDOS DE ARMAS DA CASA TORRE DE PUMARÍN Pancho Campos Dorado A Casa Torre de Pumarín ou Pazo de Pumarín, coñecida tamén desde fai dous séculos como a Casa de Moreda, está en San Miguel de Reinante. Na fachada principal ten unha grande portada de cantería cuxo vano da porta está rematado por un arco…

  • Historia das eleccións autonómicas en Ribadeo

    Ribadeo é un lugar máis que contabiliza nas eleccións ó Parlamento de Galicia. E, como tal, tren a súa historia de números, filias e fobias ó longo do tempo. Velaeiquí algúns gráficas para representar esa historia dende o ano 1993. O primeiro, un gráfico coa cantidade de abstención. Vai medrando, o que indicaría un afastamento…

  • A MORENA DE VILAPENA. TRABADA (Lugo). por EMILIO PIÑEIROA LOZANO

    A MORRENA DE VILAPENA. TRABADA (Lugo) SITUACIÓN: Parroquia de Vilapena, Concello de Trabada. Lugo. Latitude: 43º 24 ́ 55,95 ́ ́ N Lonxitude: 7º 13 ́ 14,81 ́ ́ W Fuso UTM: 29 Coord. X : 644 041,60 Coord. Y : 4 808 497,30 É unha morena glacial (manto de material glacial). O Plistoceno é…