Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Galipedia

  • 8 de marzo na Galipedia

    Logotipo feito para o aniversario pola Galipedia Por unha casualidade, o oito de marzo non é só o día da muller, senón o aniversario da Galipedia, a wikipedia en galego. A maior enciclopedia sobre Galicia hoxe en día, expresando non só os propois artigos enciclopédicos, senón tamén como se fixeron, a construción de cada artigo,…

  • Pensamentos lixeiros para agosto: non tan lixeiros! Homenaxe a Dionisio Gamallo

        Mañá comeza. Homenaxe a Dionisio Gamallo. Si, o que ten adicado un busto no parque. Esta fin de semana e no comezo do curso no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Deixo o díptico e tamén a contribución que sairá na Comarca mañá, no número adicado á homenaxe. Barón de Porcillán     Cando hai algún…

  • 14 de abril, cumpreanos da II República Española

    Coincide nos comezos da Semana Santa, este ano. Pero nada que ver. Independencia totoal. A Segunda República Española tivo unha vida curta, pero activa, na que conseguiu moitas cousas pero perdeu unha guerra. Dende a Galipedia collo os seus símbolos: E o Himno de Riego. En Ribadeo celebrouse con antelación: Algúns complementos: http://www.eldiario.es/politica/abril-democracia-llama-Republica_0_249175325.html http://www.eldiario.es/politica/Segunda-Republica-leyendo-periodicos_0_249175315.html

  • Celebracións

    O sábado estiven participando nos dez anos da Galipedia, que ademáis, estiveron acompañados da chegada ós 100 000 artigos. Foi un acto proveitoso para os asistentes (entendo que poucos para o que se celebraba), e para min algo máis (aquí, o borrador orientativo para a miña charla; os vídeos de todos, pronto estarán colgados). O…

  • A Galipedia chegou ós 100 000 artigos

    Parabéns!. Ós colaboradores da Galipedia, ós usuarios, ó galego, a Galicia … Só é un número, pero neste caso, é un símbolo. Algo así como a certificación da maioría de idade, cando están a cumprirse os 10 anos de existencia

  • A Galipedia, 10 anos xa: actividade en Ribadeo

    –> Nota de prensa A Galipedia, a versión galega da wikipedia, cumpre 10 anos o próximo 8 de marzo. Despois de aparecer a wikipedia no 2001, o 8 de marzo de 2003 o usuario ILVI, lingüista norteamericano, creaba a primeira versión da portada da Galipedia e, cinco días despois, o primeiro artigo, dedicado á conxunción…

  • Teatro do absurdo

    O teatro do absurdo foi … bo, mellor, na Galipedia. Ó fin, non deixa de ser teatro, e polo tanto, interpretable. Paso tódalas semanas unhas cantas veces por diante dos edificios que fotografío abaixo. Os dous son públicos, aínda que correspondentes a diferentes administracións. O primeiro ofrece un paso máis nunha seire de atrancos decisións…

  • actualización da nota de prensa sobre a celebración dos 10 anos da Wikipedia

    Celebración dos 10 anos da existencia da Wikipedia A wikipedia é unha enciclopedia, un conxunto de enciclopedias, diccionarios e outros repositorios de coñecemento basados na tecnoloxía wiki, e de creación comunal. O próximo 15 de xaneiro cumprirá 10 anos este proxecto distribuído de coñecemento libre. O Tesón, en contacto con outros grupos ó longo de…

  • Os 10 anos da wikipedia e O Tesón

    O próximo 15 de xaneiro a Wikipedia, proxecto distribuído de coñecemento libre, que se plasma nun conxunto de enciclopedias en internet, cumprirá 10 anos. Entre as enciclopedias ás que deu lugar está a Galipedia, (http://gl.wikipedia.org), consituída xa en referente para asuntos galegos, con máis de 66 000 artigos para consulta e medrando coa colaboración dunha…

  • Unha referencia con motivo dos sete anos da Galipedia

    http://taboleirodocolmeiro.blogspot.com/2010/03/galipedia.html