-
Ligando unha reseña na páxina web do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesribadeo/?q=node/485 O luns, día 4 de febreiro, Antonio Gregorio Montes faloulle ó alumnado de 2º de ESO da Galipedia, versión en galego da Wikipedia. O relator foi un dos promotores desta enciclopedia colaborativa e, durante algún tempo, un dos seus administradores. Organizaron a actividade o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Galego.
-
Unha actividade para mañá, a conto de que Wikipedia cumpriu onte 18 anos
— Posterior: E, para quen queira saber máis, a máis da propia wikipedia, sete palabras ben traídas: https://portaldaspalabras.gal/lexico/setestrelo/aniversario-da-wikipedia/ Ou unha entrevista, ou a wikipedia en contexto educativo, ou… milleiros e millóns de artigos dan para moito!
-
Queres participar nun concurso de debuxo na Galipedia?
File:Drawinglove.png by Daria Arbuz ; File:Wikipedia-logo-v2-gl.png by Wikimedia Foundation; Derivative work by Elisardojm -Lic. Creative Commons recoñecemento compartir igual 4.0 internacional – Non se necesita ser profesional, senón a vontade de participar. Deixo abaixo a nota enviada ós medios: ” Boas, son un dos editores da Galipedia, a enciclopedia libre en galego, e póñome en…
-
Celia Castro ten páxina na Galipedia
Co gallo do anuncio de que Celia Castro será a pregoeira das festas, xa ten creada unha páxina na Galipedia. Polo momento, está incompleta, mais irá medrando… e xa se poden consultar a partir dela varias das súas obras, a máis de noutras entradas deste blog: Celia Castro na Galipedia.
-
Manuela Barreiro Pico, celebrada
Procura na wikipedia Manuela Barreiro Pico. Dende onte, xa podes. É a miña contribución á homenaxe que hoxe, luns, ás sete e media da tarde, no Cabás, terá lugar á farmacéutica ribadense (aínda que nacera en Viveiro). Espero que o artigo medre, mais xa deu os seus primeiros pasos grazas a esta homenaxe, e estou…
-
In the Galician Letters day, practica o castelán
Non o atopo… onte dinme de bruces contra un anuncio que me invitaba, hoxe, a achegarme de compras a Asturias, a celebrar (en castelán) o día das letras galegas. Quería reproducilo aquí, pero con isto do ‘machine learning’, ‘smart net’ e cousas polo estilo a saber onde estará agochado para perpetrar a seguinte impresión. Menos…
-
Unha entrada para Suso Peña
Suso Peña ten unha entrada na Galipedia. Por razón de licenza, eliminei (polo momento, de xeito provisional) unha imaxe que eu mesmo cargara hai tempo, co que a entrada quedou lixeiramente diminuída. Como sabía que ía quedar así, tomei pantallazos dela para que quedara constancia de como estaba, á espera de engadir máis contido. Aí…
-
Ás urnas en sete días
Unha semana xusta separa a actualidade do paso pola caixa. As caixas transparentes para os sobres cerrados, pero non para o seu interior. As caixas nas que depoistamos a esperanza dun futuro mellor, mais tamén as caixas do enfrontamento e da discordia. Caixas ás que temos un dereito que non sempre usamos. E mentras, preparación.…
-
O Viejo Pancho, na Galipedia. Unha ollada á nosa historia
Remato de facer a adaptación da entrada sobre José Alonso de Trelles na Galipedia. Fixo que se lle farán moitos cambios e engadidos aínda, mais entendo que queda como artigo a destacar, seguinda a liña da dostaque que xa ten a entrada correspondente na wikipedida en castelán. Fixera tempo hai un primeiro esbozo, mais atendendo…
-
A ruta do ferrocarril de Vilaoudriz
Hai tempo falouse, insistiuse mesmo, en convertir a vía Ribadeo-Vilaoudriz en camiño (ver o ilustrativo artigo sobre a liña na Galipedia para saber máis dela). Xa está o tramo Santiso-A Pontenova, e outro tramo máis, na zona de Ría de Abres, podería ser convertido en vía peonil de xeito doado. Outros tramos soltos, como o…
