Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.415 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Fotos Ribadeo

  • Non se pode ser os mellores en todo…

    Antonte mesmo un par de novas facían brotar outro par de notas do concello: a hostalería ribadense estaría nunha web clasificada como o segundo destino de calidade a pé de praia en España, e ademais, o incremento de reservas hostaleiras implicaría que este ano farase o agosto. Prácticamente ó tempo, dúas novas recibían moita menor…

  • E as obras (da residencia) continúan

    Pararei de poñer fotos,pero polo momento… unhas vistas cara ó suroeste.

  • Deixando constancia

    Despois do acto inicial, as obras da residencia xa comezaron. Polo momento, facendo sitio. Fotos de hoxe mesmo.

  • Ídeo mirando, que xa está cambiando

    O aspecto da zona onde se ubicará a residencia de Ribadeo xa comezou a cambiar. Onte comezaron a podar as árbores da entrada das antigas casas de profesores, co que a próxima semana é previsible que comecen as obras efectivas de derrubamento dos edificios actuais. Xa existe unha sinalización primeira con estacas sobre o terreo.…

  • As Catedrais: unha praia?

    Estes días estívose a falar da praia das Catedrais. Boeno, pode que sea bo dicir do Monumento Natural das catedrais. Ou do Cantil das Catedrais… entre outras posibilidades, como o maná das Catedrais. As discusións levaron como fondo a crítica, liderada polo alcalde, á Xunta de Galicia (aquí, o vídeo correspondente de 2013, e aquí,…

  • Marabilloso inverno

    Este inverno estanos a deixar vento, vento, e vento, coas súas consecuencias. Pero non só. Os ceos tamén presentan paz moitas outras veces, mesmo algunha, estrelas. O amencer de antonte e o arco da vella xa a semana pasada ilustran o que digo. Por certo, o inverno non só trouxo marabillas meteorolóxicas; houbo máis que…

  • Antes de despois da tormenta: comparando os cantís das illas

    Comparemos as dúas fotos: A primeira, unha foto actual, cunha frecha sinalando a zona derruída. A segunda, unha foto do cartel que hai no acceso á praia, onde aínda se ve a disposición antes de que o temporal botara embaixo o arco… Ámbalas vistas, á túa disposición na praia de illas. Unha advertenza: os bloques…

  • Enfocando 2014

    Inxenuo. Isa é a verba que se me ven á cabeza despois de dous artigos vistos esta mañá. Un deles, unha charla nun foro informático que non fai máis que ampliar o coñecemento da nosa falta de privacidade, algo que nos está a levar a un abano de posibilidades entre enxame, colmea e rabaño, ninguna…

  • Aparcamento reciclable

    Esta mañá, a praia das Catedrais amosaba que segue sendo un lugar de culto (turístico), con tráfico e visitas abondas. Abondas, pero non tantas como para encher o aparcamento preparado, o aparcamento a terra e necesitar do aparcamento de verán. Así, as vacas reciclaban a herba e descansaban tomando o sol desde día non demasiado…

  • O ceo de Ribadeo

    Coido que de Ribadeo ó ceo aínda hai un cacho, o que non quita para que Ribadeo presente ceos de marabilla. Seguro que houbo xente que os tomou mellor e cunha cámara ‘de verdade’, pero aquí quedan algúns, para lembralo un día de néboa como hoxe …  Amencendo dende o IES de Ribadeo, a finais…