Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Fotos Ribadeo

  • Citas e fotos; ó fondo, Ribadeo.

        Comecemos polas fotos. A primeira, unha clásica: a saída da ría, máis ben a illa Pancha co faro e a casa. Para calquera que ande por Ribadeo, sobra comentario. A segunda, tamén clásica, pero noutro sentido: na rúa ‘Viejo Pancho’, un caserón antigo que agora tamén se pode calificar de vello (non ‘bello’), debido…

  • O estado non debe ser feudo dos que gañan

    Con esta cita de Aníbal Cavaco Silva, que remata de gañar as eleccións de Portugal, sácome unha espiña: a que me cravou o actual alcalde ribadense cando diante de máis de 300 persoas nun acto sobre as bondades e maldades da piscifactoría meirenga dixo que tiña que render contas ós catro anos. Coido que, a…

  • Dúas rúas, unha cita, un novo Ribadeo

    As dúas fotos corresponden á travesía Suso Peña e á Rúa Suso Peña (a que está en curva), ambas en San Lázaro e entroncando unha coa outra: así se decidiu o outro día no pleno do concello ribadense, en base a unha proposta veciñal que se materializará en dúas semanas, coas actividades en lembranza de…

  • Ribadeo, ribadeando 2006

    Este ano, naturalmente, teño novos propósitos. Aínda que non creo no tema da separación anual por deformación/formación nos ciclos da natureza, sempre vexo correr un pequeno telón no tgeatro do mundo no fin de cada ano. Agora estou escoitando tanto o vienés concerto de ano novo como os a estas horas energúmenos que siguen a…

  • Unha primicia en visual

    Para rematar o día, unha primicia. As fotos do trozo de cantil caído esta mañá, camiño do faro. Non puiden cargalas antes, que tomadas xa están desta mañá. — E, como sempre que poda, ata que remate o material que teño preparado, un artigo sobre Hernán. Por certo, que moitas veces poño ‘Hernán Naval‘ de…

  • Estética ribadense

    Coido que de novo farei unha entrada en partes, esta vez temporais. é dicir, meterei o post ou artigo en varias veces desconectadas. Aproveito que Chenchu me envía o cartel do novo concerto en primicia (supoño que tardará varios días en saír á rúa en Ribadeo, e así vai facéndose o anuncio) para postealo en…

  • Falando de educación, Ribadeo ten algo que dicir.

    Ben, ao menos, que escoitar e enterarse. Coido que eso debeu ser o que moveu á ANPA A Faxarda do CEIP Gregorio Sanz a promover onte 20 de decembro un debate sobre a LOE na Casa das Letras. Farruco Graña estivo de presentador dos dous encargados de educación (PSOE e BNG) no parlamento galego. O…

  • Amence, que non é pouco

    En realidade, aínda non amaneceu. O lixo está sendo recollido agora ós peś da casa, pero é de esperar que amaneza como tódolos días. Por que logo eso de ‘que non é pouco’? Vale, na realidade, é un dito, pero que ven a conto porque algúns días parece que non só é que coste levantarse…

  • Para comezar o día, unha imaxe de Ribadeo

    góstavos? Remato de cargala na Galipedia (clicar sobre as imaxes da páxina da Galipedia para velas máis grandes) e pensei que estaría ben tamén no blog.

  • Domingo activo por Ribadeo

    Os domingos case sempre son días especiais, concebidos para o ‘dolce far niente’ e estragados polo ‘non sapere niente far’. Neles ás veces atopamos unha laboriosidade que non se pode desenvoltar os días de diario e outras un desasosego por non saber que facer ou coidar de non facer nada contra o que lle pide…