Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Fotos Ribadeo

  • Roteiros cambiantes en Ribadeo

    Na proposta de dous paseos de tempada próximos a Ribadeo que fixen a semana pasada xa teño que introducir cambios: é o que ten a proposta sobre terreos cambiantes. En relación ó da costa rinlega, de paso que se vai ata aló dende a vila de Ribadeo, pódese facer un pequeno desvío á altura da…

  • Unha referencia externa a Ribadeo (II)

    Un erro deixou sen poñer no post anterior (‘Unha referencia externa a Ribadeo’) a ligazón á cita sobre Pescanova no ‘El País’, a cargo de Suso de Toro, que agora deixo aquí. En canto a concellos e responsabilidade, onte en El Progreso/A Mariña saiu unha entrevista ó presidente da APEC na Mariña, na que se…

  • Titulares da Mariña adicados a Ribadeo

    Onte, na portada dun xornal atopábase no titular adicado á Mariña algo así como: “Vacas controló las llamadas de Teléfono de Reinante”. Abrindo por causalidade, o primiero que atopei foi unha sección co título “Carnaval na Mariña”. Peguei unha gargallada, pero pensándoo ben, non é para rir. Hoxe o mesmo periódico fala de pesadilla para…

  • Asociacións de Ribadeo

    Despois de onte e o comentario sobre o pleno, coa cuestión engadida do bipartito en minoría (non se chegou a votar nada sen unanimidade), ou a nova de que A Mariña medra … 3 habitantes ó ano, ou aínda o runrun urbanístico que xa se fixo habitual, vai aí a nota de prensa resultante da…

  • Ribadeo? Natural! Proposta de dous paseos de tempada

    Esta tempada hai dous paseos que teñen un atractivo de estaren en sazón, en época apropiada para ser realizados en condicións que posiblemente non se repetirán. O primeiro comezaría na pista de deportes de Rinlo. Collendo á beira do mar o paseo, percorreríamolo todo ata o seu final, entroncando coa estrada que pasa por diante…

  • Ditadores sucesivos

    Lembro hai anos ter lido a expresión ‘polígamos sucesivos’ en relación a un concepto que no seu momento eu vin como novo: o feito da existencia do divorcio pemite o emparellamento legal con máis dunha parella, se ben non ó tempo. A parte de que a expresión coido que non é afortunada por exemplo polo…

  • Privatizator, barras sen estrelas en Ribadeo

    Privatizator (ler ‘privatizéitor’): Neoloxismo. Individuo ou entidade adicada á privatización. Traducible ó galego e ó castelán por ‘privatizador/privatizadora’. Como ilustración, as fotos acompañadas dunha cita, ‘Os muros separan máis que protexen’ (Thierry Paquot, ‘Los muros del miedo’, Le Monde Diplomatique, ed. española,) e dun post anterior, ‘Privatizando Ribadeo’ Ó fin, os reis magos si que…

  • Quen perde de a noite,perde o día

    O dito non aclara que pasa coa xente á que lle fan perder a noite e a mañá seguinte. Polo sistema de proporcionalidade, non se recuperarían ata que pasaran dous días. E eso foi o que me pasou a min entre a noite e a mañá de onte, co que saldarei contas a finais do…

  • Unha charla sobre arqueoloxía en Ribadeo

    Adxunto a nota de prensa enviada polo Tesón, xunto coas fotos referidas nela (o conferenciante en pleno traballo e unha das pezas recobradas no castro de Zoñán) e unha foto aérea de Miguel tomada esta mesma semana sobre o castro das Grobas, unha volta desbrozado, en primicia: O venres 29, ás oito do serán, no…

  • Por que esta foto non é actual? Inocentes en Ribadeo

    é unha foto tomada case vai un ano. Non embargantes, costa descubrir, a non ser pola data, cando foi tomada. Só un pequeno detalle fai ver que non é actual: hoxe a valla está máis retirada, impedindo case o paso pola estrada. Parece unha inocentada do día de hoxe, pero non o é. Tamén resulta…