Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Fotos Ribadeo

  • Novas en Ribadeo nun día sen novas en España

    Hoxe parece ser que non hai periódicos, do mesmo xeito que no día de Nadal, por exemplo. Nembargantes, hai novas, pequenas ou grandes, pero hainas. As que poño hoxe son se base gráfica. E non son tan novas,pero si no blog e coido que nos medios se apareceron, foi a medias. A primeira e segunda…

  • Dos outros blog e novas sobre Ribadeo

    Relendo a información sobre a presentación do novo partido, boto en falta unha mención sobre a clarificación das accións do concello (é dicir, máis transparencia cara ós administrados), ou un compromiso sobre urbanismo, por poñer só dous exemplos. Claro que no que se pode leer nos papeis non é moito o que sae. Nos outros…

  • Dúas cousas pequenas

    Adxunto a foto do cine teatro, para concetar coa entrada anterior de hoxe, ‘Festa xitana en Ribadeo’, e un cartel da Semana Santa como lembranza da súa proximidade e pregón de hoxe.

  • Festa xitana en Ribadeo

    Onte o cine Teatro tivo de novo vida despois do seu peche (segue aparecendo o cartel de ‘cerrado por descanso del personal’) cunha festa xitana. Escoitábase a música ó pasar, e víase axente entrar e saír, e o servicio de portas organizado… porque o que se notaba era diversión organizada, ó seu xeito, pero ben.…

  • A Torre dos Moreno e Ribadeo

    Onte estaba unha tarde clara e luminosa. A Torre dos Moreno tiña boa luz para unha foto. O mesmo o paxaro nunha árbore do parque. O caso é que de lonxe, a Torre da o pego da aparencia en bo estado, como símbolo de Ribadeo. De cerca, xa teño metido máis dunha foto con cascotes…

  • 50 anos e un día

    Onte culminaron as celebracións dos 50 anos da Comunidade Económica Europea, hoxe UE. Un día despois, eses 50 anos e un día da para pensamentos carcelarios e para pensar no futuro, unha auténtica amalgama de pensamentos sobre unha estrutura complicada como a da UE. Non estamos atados como en prisón dentro da Unión, pero podemos…

  • Un día de 23 horas?

    Por ausencia, hoxe destaca a de Ribadeo no chan industrial previsto para xa na provincia. Vése as claras na edición de hoxe de La Voz. O polígono tantas veces prometido, que irá (ou mellor, virá) pero a paso de trataruga. de calquera xeito non vai deso o título: vai de que hoxe cambiou a hora,…

  • De feira. Tapea e Ribadea/Ribadeo de tapeo

    Onte foi a presentación á prensa da ‘XIII Feria da Ciencia e Tecnoloxía’, que se inaugurará martes e na que se espera unha asistencia que, só no apartado de visitas programadas de estudantes, será dunhas mil persoas. Esperamos non defraudar a ninguén, e seguir sendo un acto sobre todo, didáctico (…non é doado manter un…

  • Eppur si muove…

    É dicir, ‘e nembargantes, móvese…’ Din que esas foron as verbas que marmuriou Galileo ó saír do tribunal da Inquisición cando lle impuxo o castigo de silencio sobre o feito do movemento da Terra. Pois si, pouco a pouco as cousas estánse a mover. O outro día sinalei un artigo periodístico, asinado por un ‘home…

  • Música libre e ruído penado, en Ribadeo e en España.

    Acumúlanse as novas ás veces. Hoxe é un deses dias no que parece que hai que andar usando taquigrfía para coller as cousas ó vó. Comezaron onte, primeiro día da primavera e baixo un frío e un vento como non o houbo no inverno, a reforma no pavillón vello, de xeito que os vestuarios están…