-
O dito
DOG en man, Mirasol con desdoble de vía pública, porque unha xa non será tan pública. Aparecen 1,4M€ para facer o desdoble que nos prive de Mirasol. De calquer xeito, a presión logrou que as verbas do alcalde por esta vez non foran tortas, pois aínda non se cerraron as portas de Mirasol e en…
-
Hoxe non tocaba pleno en Ribadeo
Pero váino a haber. Nunha situación de forza do alcalde, que se debe ter ben lido a Maquiavelo, e á que invitou expresamente (como se para ir ós plenos fora necesaria a invitación, e como se de outros non procurara sinxelamente a ausencia de xente, como teño referido) á xente que ten pisos nos edificios…
-
Exemplos de que gobernar pode facer perder a cabeza
Multiplícanse os exemplos. Onte atopei a frase de cabeceira nun xornal de difusión estatal, e o primeiro que pensei foi a primeira frase do corpo do post. Sen que veña a conto (ou si), veume tamén á cabeza que o venres, de paso polo concello, había varios inmigrantes facendo os papeis para empadronamento, sendo esperados…
-
Complemento da entrada anterior…
Como por razóns descoñecidas non entraba a foto do cartel, aí vai unha segunda entrada, correspondendo coa anterior
-
Unha entrada de domingo sobre os blog de Ribadeo
Facendo unha pequena revisión sobre os blog que teño enlazados relacionados dun ou outro xeito con Ribadeo, comezo por unha entrada graciosa: a que representa unha estatística de mortos debidos a Deus e ó diaño segundo a biblia. Outra entrada, esta de aviso sobre o que será un acontecemento cultural en Ribadeo, a primicia dunha…
-
Ribadeo en obras de preparación
Ribadeo está preparándose para as municipais. Non só no sentido de prepararse para un reemprazo no mando (algo que moita xente, coido que a maioría, considera a opción con máis posibilidades), senón tamén para amosar toda a cantidade de obras que se poden facer. Hoxe van nas fotos varias da obra do cantón/parque, nas que…
-
A voltas coas obras de Ribadeo
Hai cousa de dúas semanas apareceu na prensa que o alcalde chamaba a atención pola tardanza nas obras da estrada do monte antes de saír do pobo. A este paso, en épocas preelectorais non imos saír de obras, pois xa comezaron na rúa San Roque obras de substitución de cañerías, sen rematar esas outras citadas,…
-
Máis obras en Ribadeo
Xusto detrás da Semana santa, para non incomodar ós visitantes, comezan as obras no Cantón. Desmontando pedra pedra o muro de separación do parque coa rúa, como se ve nas fotos. Máis adiante, ó longo do día, foi posta unha verxa de separación. Cando as fotos, aínda non estaba. Mentras, e para non variar, nova…
-
Novas en Ribadeo nun día sen novas en España
Hoxe parece ser que non hai periódicos, do mesmo xeito que no día de Nadal, por exemplo. Nembargantes, hai novas, pequenas ou grandes, pero hainas. As que poño hoxe son se base gráfica. E non son tan novas,pero si no blog e coido que nos medios se apareceron, foi a medias. A primeira e segunda…
-
Dos outros blog e novas sobre Ribadeo
Relendo a información sobre a presentación do novo partido, boto en falta unha mención sobre a clarificación das accións do concello (é dicir, máis transparencia cara ós administrados), ou un compromiso sobre urbanismo, por poñer só dous exemplos. Claro que no que se pode leer nos papeis non é moito o que sae. Nos outros…