Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Fotos Ribadeo

  • Casas de Indianos en Ribadeo. XI Casa de Torres

    Entre a Casa de Rodríguez Blas e a da Axudantía, está a casa de Torres, caracterizada polas liñas da súa fachada, culminada na foto polo gurugú.

  • De Ribadeo ó ceo (pasando pola música)

    Onte houbo outro acto musical máis, o concerto do campamento musical. A música dos rapaces foi acompañada por uns ceos incribles; o que puiden gardar de ambos non fai fe á realidade… As fotos, o equipo de profesores do campamento, o equipo da Semana Santa tentando obter cartos para celebrala o mellor posible, o edificio…

  • Visións de Ribadeo cara fóra

    As veces, un sáese das rutas habituais e pode comparar con cousas novas. Se alguén quere empregar un paseo en algo un pouco diferente do habitual, pode chegarse ata san Miguel en marea baixa e mirar as novas zapatas da ponte. Verá que non chegan todas á mesma altura, senón que teñen a mesma altura…

  • Casas de Indianos en Ribadeo. X Casa de Rodríguez Blas

    Lindando coa Casa de Andés cara o centro do pobo, atopamos a de Rodríguez Blas, cunha fronte quebrada solucionando o problema de ter dúas liñas de fronte ás que aterse, a marcada pola de Andés e sucesivas e a marcada pola da axudantía (tamén de indianos, a próxima que sairá na lista) cara ó centro…

  • Casas de Indianos en Ribadeo. IX Casa de Andés

    A casa de Andés está a pouco metros da de Docobo, pola mesma beirarúa cara o centro de Ribadeo, na mesma rúa de san Roque. É a estremeira dun conxunto de catro casas indianas adosadas. A seguinte, a de Rodríguez Blas, intúese á súa dereita.

  • Casas de Indianos en Ribadeo. VIII Casa de Docobo

    Na beirarúa do ‘Tranvía‘ e do grupo da axudantía está a casa de Docobo

  • Itinerario cultural natural. Comarcas das Mariñas luguesas e Ortegal

    O título corresponde á tradución galega de algo que se presentou hoxe ás 12 no Hernán Naval ante unha ducia de persoas. Unha web, http://coastatlantic.comarcasdegalicia.com que aporta a novidade da promoción pública, mais coido que non moito máis. Sen ir máis lonxe, o que fala das casas de indianos en Ribadeo vese superado agora mesmo…

  • On, Off e a auga

    A auga botou abaixo a presentación ó aire libre das curtas feitas en Ribadeo: tivo que ser no cine teatro, coas xente sen avisar. Curtas que tiñan moita miga, con algúns defectos técnicos lóxicos nunha realización total de pouco tempo, seguindo o lema non escrito ‘apresa, apresa’. Polo menos a min gustáronme en xeral; e…

  • Casas de Indianos en Ribadeo. VI A Calzada

    A Calzada limita coa Casa dos ananos, cun estilo ben diferente e rivalizando no xardín.

  • Rinlo, o día despois

    Unha festa como a do percebe deixa pegada. Pasei por alí ‘o día despois’. Estaban recollendo, e aínda falta, pero o pobo estaba tranquilo (todo o tranquilo que pode estar en agosto, entendámonos), como se nada tivera pasado o día anterior. Pode que tamén sexa en parte porque hoxe era a xira de Sta. Cruz,…