-
“Sede buscadores da verdade, non achadores de contradicións”
“Guys: Be seekers of truth, not finders of contradiction,” Jim Zemlin, executive director of the Linux Foundation, organizer of the event, only half-jokingly told the 150 attendees of what is billed their “Collaboration Summit.” Unha cita para a resaca das festas. Está tomada dunha xuntanza relacionada co mundo Linux, sistema operativo que marca a alternativa…
-
Facemos do progreso o obxectivo da humanidade ou da humanidade o obxectivo do progreso? (Unha segunda para hoxe)
Dun artigo de Reyes Mate saco o título, e procurando a ligazón para informar máis sobre este home, atópome outra cousa que tamén teño lido hai algún tempo: “Pertenezco a un Partido que ha fusilado a héroes y a una Iglesia que ha perseguido a santos” (Alfonso Comín). Entre as duas citas, un bo punto…
-
Ribadeo: festas do oito.
Hoxe é a nova, a festa. As colas nas pastelerías (hoxe abondo reducidas en número despois de saír do mercado Eijo e Santa Clara), a gallaroufa á noite, os postos ambulantes e as atraccións… Onte vin na peonil un marionetista moi bo. Non só bo, senón coidadoso: é o primeiro que vexo con tiras téxteis…
-
Contradicción? Non, pero tamén.
Esa é a sensación que se lle queda a un con algún cúmulo de novas. Por exemplo, cando despois de ser un verán no que aumentou a siniestralidade na estrada en Galicia en contra do que pasou no resto do estado, ó aumentar tamén o uso das liñas de noitebús, decídese potencialas porque salvan vidas…
-
Casas de Indianos en Ribadeo. XVII A Capela da Orde Terceira, un edificio relixioso
Na mesma praza do mercado foi construído o outro edificio ‘público’ – relixioso de referencia indiana en Ribadeo, a Capela da Venerable Orde Terceira. O lateral que presenta á praza está hoxe descoidado, falto de uso excepto por vagabundos que o utilizan de cobixo.
-
A contaminación industrial multiplica os tumores en Cataluña, Huelva e Asturias
A nova, dada por un diaro nacional hoxe, non é en realidade tan nova porque é sabida. O caso é demostrar a relación entre a contaminación e os seus efectos; mesmo ás veces, amosar a existencia de contaminación. Pode parecer raro que non se poda demostrar (que sexa difícil facelo) a existencia de algo que…
-
Casas de Indianos en Ribadeo. XVI O mercado, un edificio público
Non é unha casa, pero si unha construción promovida por indianos, levantado no 1925 con estrutura de ferro, doazón de D. Ramón González Fernández, segundo consta no seu lateral.
-
Á pata coxa
O alcalde sufriu unha caída mentras facía deporte e tivo que ser ingresado no hospital, e segue de baixa. É dicir, está ‘á pata coxa’. Un concello non ten dúas pernas para dicir o equivalente, pero en certo xeito, pódese empregar a expresión. Así, Ribadeo vese afectado estes días por unha folga de traballadores alleos,…
-
Casas de Indianos en Ribadeo. XIII A Balastrera
A Balastrera queda fóra da rota común cara ó centro: hai que desviarse ata o pé da antiga vía e estación do tren mineiro de Vilaodrid, o que podemos facer xirando pola capela de San Roque e deixando atrás os multicines. Hoxe un hotel, á beira do seu muro pasaba o final da vía do…
-
Santa obscura
Hai poucos días puxeron a statua de Santa Clara no xardían diante da entrada do convento. En pedra, chamoume a atención de que sexa máis ben chaparreta en troques de alta, seguindo as ideas do Greco de elevación a Deus. Polo momento está sen luz, por eso de Santa obscura. É posible que pronto…