-
Inauguración da casa Galuá (VII)
Polo momento, cerran o conxunto de fotos a correspondente ó artesonado, feito en parte con madeiras recicladas das do Convento dos Pi(c)os en Mondoñedo, o frente do patio (lateral do cruceiro da igrexa) e unha vista doutro lateal, hoxe casa particular, do antigo convento, que formaba conxunto co lateral do cruceiro da igrexa e cos…
-
Inauguración da casa Galuá (VI)
O arco do medio do trío, a escaleira e unha vista do patio, coa beira da igrexa e o lateral da mesma, antigo convento, forman este conxunto de fotos.
-
Inauguración da casa Galuá (V)
Este arco forma parte da primeira arcada, como se pode ver nunha das fotos, na que está acompañado dos outros dous.
-
Inauguración da casa Galuá (IV)
Esta placa estaba situada noutro edificio demolido para vivendas. Tróuxose aquí como lembranza.
-
Inauguración da casa Galuá (II)
O público asistente non foi demasiado, con 6 membros da corporación en lugar preferente. As palabras dos que falaron non se escoitaron, polo tanto non podo facer unha síntese. Por fora a casa parece que non cambiara tanto, e segue en contraste coa igrexa, como se pode ver nas dúas primeiras fotos. A placa foi…
-
Chequeo á ‘Comarca’
Hoxe esperaba que saíra na Comarca un artigo meu (que reproduzo abaixo) contestación á carta de A.S. da semana pasada (despois reproducida na Mariña/ El Progreso co nome de Ana Soto, de xeito que o que enviei xa non estaría de todo correcto a día de hoxe). O caso é que Pancho Campos, Presidente de…
-
Pasos no paseo
Están comezando a facerse os pasos /barrerias no paseo marítimo. Polo momento, e mentras non rematen as obras, dous cortes laterais en cada un dos pasos poden despistar ós condutores. Os cortes son para acomodar as ‘costas’ de pedra que levan ó paso ‘elevado’. Un obstáculo máis á circulación para permitir ós viandantes unha maior…
-
Un punto de apoio máis
Ribadeo, dende hai moito, ten fóra puntos de apoio nas isntitucións a niveis diversos. Un novo viu sumarse esta semana, pois o concellal de deportes Ribadense vai a asesorar á deputación no mesmo tema, sen deixar Ribadeo. O lóxico sería pensar na ‘sinerxia’ entre ambos postos. Como segunda, o segundo ouro de Ana Ferradás nos…
-
Chocante
Tres parabolicas apra un local comercial e dúas vivendas. Todo un exemplo de colaboración, coordinación, aproveitamento de recursos …(por esta, non en Ribadeo, senón en Lugo)
-
100 días, tres colchóns e un tiburón
100 non é un número máxico nin nada diso. Só, na simboloxía empregada no sistema decimal, un número redondo. Número que por esa redondez se emprega por referencia para a deferencia de deixar gobernar ós novos gobernos sen molestar demasiado, para ver que son capaces de facer. Pois ese número de días xa pasou para…