Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.416 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Fotos Ribadeo

  • Comezando a semana cunha cita dun cómic

    “Nun mundo perfecto, ninguén debería poder usar nada”. Dito polo técnico de seguridade preventiva de Dilbert, realizado por un profesional criado na América da ‘seguridade infinita’ fronte ó terrorismo, por exemplo. A América que contribué a que (tamén por exemplo), se esteña a cerrar Mirasol… Unha cita entre tautolóxica e idiota para o comezo da…

  • 1/4 de millón en liquidar barreiras

    Será nova dentro duns días, aínda que xa se sabe porque foi dada de xeito oral. O Plan de dinamización turística (PDT) parece rematar así, cunha boa obra, a súa vida. Pero non entendo moi ben, pois por unha beira díse que é para eliminar barreiras arquitectónicas e por outra dise que se vai a…

  • Música en varios tonos … de obra

    Atópome con fotos de máis para poñer hoxe: irán 6 imaxes, todas (case) de obras. Por iso comezo pola variación, unha exposición de instrumentos realizados polos alumnos da escola de música. Polo dito, só poño a portada, non o interior. Quen quera ver os 70 instrumentos construídos, xa ten referencia. Pode que a música deles…

  • As inmobiliaras, en regresión. En Ribadeo?

    O outro día un amigo confirmoume que en Madrid xa se está comezando a nogar algo avisado pola prensa hai algún tempo: o peche das inmobiliarias. Parece que hai unhas tres veces o número de inmobiliarias que sería o adecuado (non sei quen o xulgou). O caso é que en Ribadeo polo momento non vin…

  • Paseo ó castro das Grobas. Nota de prensa de O Tesón

    Na tarde do sábado 10 de novembro, un grupo de persoas acudiron á cita da AVV O Tesón de Ribadeo para facer un paseo ata o Castro de As Grobas, en Vilaselán. Este segundo paseo, un ano despois do primeiro, compartiu a mesma finalidade: difundir a existencia do castro e o seu estado actual, na…

  • Verbas e obras

    Chamáronme a atención as verbas do alcalde que foron publicadas onte nunha separata con motivo da declaración de reserva da biosfera: ‘Non é unha meta de chegada, é un punto de aprtida para o noso concello, o de Ribadeo, que aporta a maior porcentaxe de poboación de todos os municipios. Fumos recoñecidos por un territorio…

  • O pan e a vivenda

    Guerra de prezos. Ese é un titular de hoxe. O artigo básico de alimentación ten prezo variable en cada establecemento. O que non sei é se as normas sobre peso (cantidade) e especificacións (calidade) seguen a ser comúns. Básico para alimentarse, pode ser tamén base da picaresca. Deso, da picaresca, non trata nada o xornal,…

  • Do concello e dos veciños

    Onte, por segunda vez e menos dun mes, un regueiro de aceite caeu dun dos contenedores entre a r/Viejo Pancho e a r/Pasarón y Lastra. esta mañá, cando escribo, xa está sendo limpado a mangueirazos con presión por operarios municipais (Grumir). Coido que debeu ser moito máis sinxelo botar o aceite nun sitio totalmente inadecuado…

  • Espazo en doazón

    Andivo estes días en boca e letra de ribadensess o asunto da posible doazón do que queda do espazo mercado polos ‘Amigos da Gaita Galega’ para a construcción dun asilo. Lembrando, xa foi cedido espazo para a ampliación do IES Porta da Auga e para a construcción dun polideportivo, o ‘polideportivo novo’, ambos visibles nas…

  • A dificultade do cambio de hora

    Este ano estame a costar a adaptación do cambio de hora. E eso que é para retrasar o horario, e non para adiantalo como na primavera. Faíme pensar sobre a dificultade de adaptación doutras costumes, por exemplo, as relacionadas coa ecoloxía. Cun fondo precisamente de mar de fondo, que se deixa oir, paso a considerar…