Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.416 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Fotos Ribadeo

  • Tres fotos cunha pizca de rancor e de esperanza

    Vexo na Comarca un artigo de Eduardo Gutiérrez e non esquezo saír á rúa con cámara de fotos. iste é o resultado. O artigo de Lalo trataba da corrección lingüística en Ribadeo, baseado no letreiro do buzón de correos de Casa Arango. Coido que está claro o tema, unha volta vista a foto e o…

  • S.D. Ribadeo no día máis curto do ano

    Mañá, 22, é o día máis curto en luz do ano. Ás 6 e pouco da mañá é o solsticio, o que fai pasar esa curtedade ó 22 este ano (cando máis normal é que sexa o 21). E é o día elixido para presentar unha das páxinas que en pouco tempo será das máis…

  • Cinco días

    Como segunda de hoxe (ver a primeira), un tema que remato de ver na prensa. Ata o 27 (pode que polo tema dos Santos Inocentes, para que non se confunda) teñen as asociacións sen ánimo de lucro para pedir subvencións …polas actividades xa realizadas. O convocante, o concello de Ribadeo. É unha tendencia que non…

  • Avistada a Navarret

    Disfrutemos mentras podamos. Onte á tarde collín a volta da Navarret na Illa Pancha, xusto antes de entrar na ría. Ningún barco máis no horizonte próximo, encadrada entre a Pancha e a península, seguida de gaivotas, primeiro ocorréuseme que traía boa pesca, e logo a imaxe propia da volta en solitario, exceptuadas as delatoras aves.…

  • Radares

    Non sei por que, pero parece que se chama así a unha iniciativa á que se va acoller os centros de medias de Ribadeo: un par de rapaces ou rapazas de medias van actuar de radares de detección de problemática de conflictos. Coido que algo parello está actuando de xeito piloto dende hai varios anos…

  • Mestre

    Supoño que a maioría da xente que le de xeito continuado o blog terá pasado pola biografía de D. Gregorio Sanz, mestre en Ribadeo. Agora, mañá venres 14 de decembro, terá oportunidade de asistira a unha visión algo máis extensa, unha charla titulada ‘Gregorio Sanz e a súa época’, impartida por Chemi Lombardero, mestre no…

  • Ribadeo segue caendo

    Hai xa preto de dous anos que saíu ‘Ribadeo falls‘, e parece que fora onte: Ribadeo en moitos lugares segue sendo un desastre parello, e nalgúns outros, aínda peor. O entorno da Praza de Abaixo coido que se merece outra cousa. O Colexio (a pedra do balcón foi referida no blog a semana pasada) e…

  • Fotos prometidas

    O prometido é débeda. Aquí van fotos de Ribadeo (se ben en principio tiña pensado meter abondas máis de obras e demáis, que irán saíndo). Están tomadas o luns 3 de decembro, con fortes contrastes de luz (que non aminorei) e unha bruma na costa que era moi curiosa.

  • Barreiros e unha lembranza da pegada ecolóxica como segunda de hoxe

    A poboación de Barreiros decrece máis lentamente, pero decrece. O bum da construcción que segue non implica que se reteña xente do concello, que se vai vivir a outros lugares, como Ribadeo. Tampouco leva implicado unha rebaixa no prezo das construccións, algo que xa teño comentado no blog. E parece que tampouco leva aparexado un…

  • Os estorninos, o balcón e a lúa ó anoitecer en Ribadeo

    Unha entrada curta para deixar plasmadas varias imaxes tomadas ó atardecer en Ribadeo: os estorninos voando (o vídeo pode verse abaixo), o pedazo de balcón do antigo colexio caído (na foto non se ve, pero vese un sitio lógobre que é o que ocupa o colexio, e a lúa capturada detrás da Torre dos Moreno,…