Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Fotos Ribadeo

  • Domingo de entroido/carnaval

    O pan foi bendicido na misa cun fondo de charanga lonxana. A igrexa, con sitios abondo para acoller aínda ós integrantes de varias charangas sentados, púxose solemne no combate contra o ruído da rúa, nun día chuvioso tamén con pouca xente (daquela hora) seguindo as chirigotas. A misa, en castelán, contrasta coa variedade libre galego(s)/castelán…

  • 25 anos de entroido ribadense (3)

    … seguindo con fotos da xente na presentación na oficina de turismo, incluídos os dous artífices da clebración aniversario, Gilberto e Pepe, e o Alcalde, e o Delegado de cultura da Deputación (cartos para o libro…) e moita máis xente. Por certo, un libro antecesor deste en relación ó antroido, pódese atopar aquí (As Festas…

  • Mentras se pon en marcha o clube de patinaxe

        Hoxe será a presentación do novo club de patinaxe ribadense, no pavillón do Porta da auga, ás 9:30 da noite. Ben, unha asociación máis, con miras deportivas esta vez. Hai que desexarlle que funcione, aínda que por ter unha misión moi concreta, sempre é máis doado que se tivera unha misión máis xeral e…

  • De novo

    De novo en marcha, coa rede OK. Onte participei nun debate en onda cero onde ía a haber máis temas, pero comezou e centrouse de xeito animado sobre a normativa que afecta ás reparacións no casco vello e os decretos de final da semana pasada que asinou o alcalde para aplicala. Unha pequena lembranza: hai…

  • Do humano e do divino

    Coido que non é doada de comprender a relación entre o PSOE e Igrexa. Por unha beira, a discordia (na que coido ten máis razón o PSOE), por outra a concordia (na que leva o gato á auga a igrexa (esta, con minúsculas). Lóxico que agora Suárez conteste que el se ocupa de asuntos humanos,…

  • Florece a mimosa

    Comecemos a semana con algo inocuo: o florecemento da mimosa. A comezos do século, unha profesora francesa, vendo as mimosas de Sta. Cruz en flor, díxome en na zona de Francia onde vivía as mimosas aínda non tiñan florecido: tratábase de que ó estar máis ó sur, florecían antes. Lembreime deso antonte, pois a referencia…

  • Vivir sen durmir? Non se pode

        Lembro que hai xa moitos anos, facendo auto-stop entre Santiago e Vigo colleume un condutor que se adicou a falar segundo el para non durmir pois durmía moi pouco: unhas catro horas diarias. Segundo el, aínda tivera unha época que durmira algo menos. Sei que foi un ir tenso toda a viaxe, aínda que…

  • Un novo impulso no castro das Grobas

    Onte estaban a desbrozar de novo no castro. Hai un ano estaba a zona nunha situación parella, recén desbrozado. A diferencia básica? O de agora representa unha continuidade no tratamento da zona, que pode indicar que o concello estase a mover para que o castro sexa algo máis que unhas ruínas soterradas polo paso do…

  • Un paseo polo parque

    Dar un paseo polo parque onte tiña un interese engadido: o estado no momento das obras que alí se están a efectuar. As fotos adxuntas son todas do parque, zona praza de España. Por orde, nas fotos, aparece o escudo da época de Franco que continuaba a ser visto no monumento ós Bous erixido nos…

  • Tres fotos cunha pizca de rancor e de esperanza

    Vexo na Comarca un artigo de Eduardo Gutiérrez e non esquezo saír á rúa con cámara de fotos. iste é o resultado. O artigo de Lalo trataba da corrección lingüística en Ribadeo, baseado no letreiro do buzón de correos de Casa Arango. Coido que está claro o tema, unha volta vista a foto e o…