-
Deixando por un momento a campaña
Onte vin parte da confrontacion televisiva entre os dous príncipes dos partidos maioritarios. Coido que Zapatero levoulle a ventaxa lixeiramente a Rajoy, se ben non andiveron finos ningún dos dous en moitos momentos, con meteduras de pata como a de Zapatero co canon ou as repeticións de Rajoy co terrorismo (que secundou en parte Zapatero).…
-
Debate
Comezou a campaña. Onte mesmo, falando de pasada con outras dúas persoas, que coido en principio de ideas políticas máis ben algo distantes das miñas, sobre o debate que levarán a cabo dentro de tres días Rajoy e Zapatareo, comentei que xa estaba sabido quen gañaría. Pola cousa ‘de pasada’, quedei sen poder aclarar máis,…
-
Esta noite comeza a campaña
Pero na realidade, despois dun longo tempo de ‘precampaña’, quen se preocupa da campaña? Non houbo xa actos eleitorais en Ribadeo? Non levan postas algunhas banderolas cousa de 15 días? Non levan insultándose e ‘perdéndose o respeto’ abondo máis tempo? Non embargantes, quen sabe os nomes de máis de 5 candidatos por Lugo? (senadores e…
-
Cortes de luz
Coido que a principal nova de onte en Ribadeo non sairá nos xornais de hoxe: era demasiado tarde, despois das dez da noite, cando comezaron os cortes de luz repetidos en boa parte do pobo. Curtos, pero moitos. Rematou a primeira fase cun máis longo, de varios minutos. E voltou de novo máis dunha ora…
-
A compravenda de vivendas, freada
Tal como está no título, parece que non é novidade. Pero si que pode resultar novidade que se especifique nunha nova que se trata da compravenda de vivendas para especular. Hai detectada unha bolsa de unhas 700.000 vivendas para especular que non se están incrementando e que están agora saíndo ó mercado. Iso significa que…
-
Dúas transformacións como primeira de hoxe
Despois de irse asentando na cabeza de todo o pobo que aínda que non hai nada ‘oficial’, portos quere poñer unha nave de 25 m de alto na que albergar papel e barcos nos días de choiva a instancias da papelera (a propietaria da antiga CEASA de Navia), decidín facer cos poucos datos que da…
-
Foise o antroido? Comezan as eleccións!
Coinciden na prensa as últimas bocanadas do antroido coas primeiras das eleccións, nunha constante de noticias. Son presentados os e as elixibles na provincia en Viveiro (do PSOE, hoxe) e en Ribadeo (do BNG, coido que domingo), e ó mesmo tempo, deixase ver outro tipo de presentacións: xa adiantara nun pleno a fin de…
-
Unha visión da ría
Os luns teñen fama de días diferentes. Son como todos, pero en xeral, nós, non. Por eso nolo parecen e a atribuímos ós días algo que nos corresponde. Quedan novas por ver despois dunha semana tamén diferente. Voltarei sobre algunhas, pero de pronto hai noticias que nos dan unha idea, como a letura, por…
-
Domingo de entroido/carnaval
O pan foi bendicido na misa cun fondo de charanga lonxana. A igrexa, con sitios abondo para acoller aínda ós integrantes de varias charangas sentados, púxose solemne no combate contra o ruído da rúa, nun día chuvioso tamén con pouca xente (daquela hora) seguindo as chirigotas. A misa, en castelán, contrasta coa variedade libre galego(s)/castelán…
-
25 anos de entroido ribadense (3)
… seguindo con fotos da xente na presentación na oficina de turismo, incluídos os dous artífices da clebración aniversario, Gilberto e Pepe, e o Alcalde, e o Delegado de cultura da Deputación (cartos para o libro…) e moita máis xente. Por certo, un libro antecesor deste en relación ó antroido, pódese atopar aquí (As Festas…