-
Dúas fotos de Ribadeo e algunha noticia
Hai dous días que dixen de pasada sobre praza de indanos que parece que están a facer nalgunha parte no Xardín de Sela. Coido que a foto da testemuña dela na división central do mesmo. Houbera xa un comentario alomenos nun pleno sobre que non ía ser un parque de indianos. Coido que agora os…
-
Exercendo de alcalde de Ribadeo no Uruguai
Sigo sen entender moi ben o por que da viaxe ó Uruguai. Comezan a recibirse novas sobre entrevistas da ‘delegación’ mariñana naquelas terras, pero máis ben parece visitas de cortesía entre veciños alonxados que outra cousa. Mentras, recíbese unha bandeira verde. En principio, signifca algo así como municipio mantible. Certamente, a xestión en Ribadeo é…
-
Ribadeo e a súa nave no porto de Mirasol
Segue a dar que falar a cousa. Non é para menos. Onte mesmo asistín a unha xuntanza onde se via o perigo de que a xente considerara ganado o tema e deixara de loitar. E non, non está ganado. As novas non fan máis que dar voltas dicindo que os políticos estarían dispostos a…
-
Sic transit gloria mundi
Collo unha foto xa vella tomada no escaparate de Foto Miguel, do día seguinte ó enterro de Calvo Sotelo. Fáigoo un día no que di a prensa que a familia ve con bos ollos unha homenaxe. Teño tamén unha foto do mesmo día seguinte no cemiterio, que non poño porque non quero que…
-
O día de hoxe en Ribadeo
Choiva e bo tempo. Estrea en Rinlo polo novo grupo de teatro de Ribadeo de ‘La casa de Bernarda Alba‘, de Federico García Lorca. Invitado, non podo asistir. Case ó tempo, a procesión do Corpus. Tampouco a choiva deixou. As fotos amosan algo do ambiente. E acompaña unha foto para lembrar que comeza a campaña…
-
O PXOM de Ribadeo, revisitado
Antonte houbo unha xuntanza entre os representantes políticos ribadenses. Un resultado coñecido pola prensa amplía o prazo de exposición pública e alegacións ó PXOM un mes. Coido que é unha boa nova, que xa se deixou entrever hai tempo neste mesmo blog, e que da lugar a unha mellor análise. A nova vése completada cunha…
-
No día das letras galegas
Avda. de Asturias e Alza Pasando por Meira, pode verse unha e outra vez o letreiro ‘Miño‘ antes de cruzar a ponte do rego que por alí pasa. Despois de moito tempo de aparecer nos libros de xeografía que son estudados nas escolas que o Miño nace en Fonmiñá (no concello de A Pastoriza), un…
-
De volta á normalidade?
Despois de onte, parece que debería voltar a normalidade. Pero, que normalidade? O esquecemento tanto de que a construción da nave xa comezou un longo proceso que non se detén polo que opinou un pobo enteiro antonte? A volta a pensar no PXOM, para o que xa quedan menos de tres semanas para que…
-
Terremoto
Un terremoto en China matou tanta xente como todo Ribadeo. Sucedeu onte, e fai pensar na oposición que podemos facer a xente ante as forzas da natureza. A nave na ría non é unha forza da natureza. Detrás hai xente cos seus intereses. E fronte a ela, tamén estamos xente. Máis. Pero… menos organizados, con…
-
Comezando a protesta
Está visto, ás veces acumúlanse as cousas e hai que elixir. Neste caso, PXOM e luz quedan momentáneamente detrás da protesta contra a nave na ría de Ribadeo, un proxecto que hai pouco parecería inconcebible. Mentras, é cousa de dar agradecementos, xa que a ría non pode dalos de palabra (é agradecida de obra, diso…
