Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Fotos Ribadeo

  • Cinco imaxes, un só Ribadeo

    Ribadeo ten moitas facetas. Hoxe, sen grandes novas, aquí quedan cinco imaxes como testemuña. A primeira, montañas nevadas na outra beira da ría, vistas dende a r/ Buenos Aires. a segunda, a igrexa semioculta polo edificio guadiana que é a carpa que unha e outra volta se monta no parque, desta levantada para o mercado…

  • Toma e daca

    Onte o concello enviou dúas notas de prensa relacionadas: por unha daba conta da recepción dunha subvención da Deputación; pola outra, da apertura de prazo para subvencións correspondentes a iste ano. Chama a atención que foran ambas novas o mesmo día, así como que se abra o prazo para subvencións para iste ano o 1…

  • O auditorio Hernán Naval, revisitado

    Xa non está aberta a porta da terraza deixando pasar libremente ás máquinas do auditorio e constituíndo un perigo. Hai meses que se arranxou. O que non se arranxou aínda é o que aparece no esquema, do ano pasado, e na foto tomada sábado. Pero alomenos, parece que non vai a máis. No auditorio estes…

  • 3ºC

    Adxunto dúas fotos de agora mesmo, tras a granizada que remata de caer e unha temperatura externa de pouco máis de 3ºC

  • Tras a construcción e okupación, toca concerto

    Os estorniños teñen xa dende algún tempo, comezada a reocupación do parque, facéndose o seu niño na palmeira máis norte de todo o parque (esquina co cantón), pero agora vénse acompañados na súa ocupación pola nova carpa para o mercado do nadal, que compite en espazo co acotado para os 4×4 que actúan esta tarde…

  • Un pleno longo

    Vexo no cargadoiro o relato do pleno ó que non puiden asistir o luns pasado. E quédome sorprendido de que se aprobe a homenaxe a Calvo Sotelo sen entrar en detalles; é dicir, algo así como ‘váise facer algo’. Será que ata para eso hai discrepancias ou máis ben que se considera político o facer…

  • Unha e mil vivendas

    Mergullándome para buscar unha serie de fotos atopeime con esta xa vella (2005) foto do ascensor da Torre dos Moreno (algunha das citas e fotos en Ribadeando: 1, 2, 3, 4, 5, 6, … hai moitas máis), unha das casas da serie de Casas de Indianos do blog, que aparece tamén recollida na Galipedia. O…

  • Excavadora polos aires

    Nunha obra, a da esquina da Avda. Asturias coa rúa do Alza, tomei a comezos da semana estas dúas fotos, sacando a excavadora da obra polos aires…

  • De Suso Peña á Atalaia

    Suso Peña está de actualidade: resulta que non hai especialistas para levar adiante o arquivo do material xerado por el (hai pouco falaba da falta de persoal cualificado en Galicia e dos seus efectos sobre a crise/emprego). Mentras, non se podería poñer o proxecto en mans de voluntarios para ir comezando? Onte recibiuse un novo…

  • Fotos no derrumbe de Mirasol

    A caída do talud das naves en Mirasol non parece moita cousa, pero éo. Deixo ademáis dúas fotos para limitar as naves: pola parte baixa (leste), un pasillo entre naves que sempre me pareceu curioso. Pola parte alta (oeste), unhas escaleiras talladas e abandoadas dende hai tempo.