-
Un par de fotos ou máis
Entre unhas cantas máis, coido que istas son abondo ilustrativas de como está a quedar a circunvalación de Mirasol e o illamento que non se vai parar do porto. Ribadeo xa ten o aquel de ter os ribadenses, hai moito, dadas as costas ó mar. Agora non é que lle vaia dar as costas,…
-
Algunha foto
Na rúa peonil Rodríguez Murias comezou a moverse o solar xusto fronte á rúa Calvo Sotelo, despois de pasar moito tempo en malas condicións. Agora está limpo e disposto para construír, co que é de supoñer que pronto se verá aí un novo edificio, de fachada parella ó que caeu, se nos fiamos das fotos…
-
De cara ó Nadal
Antonte, inicio do reparto de árbores de Nadal entre os comercios. Onte, actuacións fin de trimestre nun colexio. Hoxe, na escola municipal de música e danza. Hoxe rematan as clases nos centros de ensino antes do Nadal. Anuncian para o mércores 30 na Capela da Orde Terceira, ás 20.30 horas un concerto do grupo de…
-
… a oposición terá que tomar as riendas
Verbas que saen hoxe no periódico e que manifestan a unión dos tres partidos que non están no goberno en Ribadeo. O Tema: o enfrontamento sobre o mercado semanal. Na rúa, quizais nestes momentos a pregunta é cánto vai durar o enfrontamento, non como se vai solucionar. Pero o caso é que de pronto dura…
-
Ó día seguinte
Ó día seguinte de que poña unha vez máis a foto da aduana, parece que o concello está disposto a intervir. O urbanismo vai algo adiante, e así o manifesta que aínda que sexa con moita calma, a revisión das alegacións vaia adiante. Claro que, podería ser neste caso doutro xeito? Asegura iso que se…
-
Panorámica de Ribadeo a contraluz
Para un sábado pola mañá, é una foto que coido idónea: a negrura do pobo e o esplendor de posibilidades no ceo. Tocándose, pero en principio inalcanzables se non se pon esforzo. E mentras non se poña, a choiva que cae só chega para amortecer un pouco o barullo da noite e os berros na…
-
A circunvalacion de Mirasol
Facía xa tempo que non baixaba tentando de bordear Mirasol: cousa dunha semana. E atopeime co que presento. As fotos son da fin de semana, co que a día de hoxe, a circunvalación está limpa para serlle posto o piso en canto se lle faigan sumidoiros e se lle poña a corrente eléctrica. Ademáis, nótase…
-
A casa de baños, análise fotográfica actual
Despois de ‘Tres fotos de Ribadeo‘, quedábame o descobrir se se podía entrar na zona da antiga casa de baños ou non. Pois si, cúmprese a lei e o resultado son as fotos que acompañan. A entrada, pola pasarela máis pegada á beira do peirao, permite ver a antiga praia, á que se chega despois…
-
Tres fotos a Ribadeo dende fóra
A praia que queda onde a antiga casa de baños é algo descoñecida para os ribadenses actuais. Podese chegar a ela sen atravesar as instalacións do restaurante? O perfil a contraluz de Ribadeo tamén pode resutlar estrano…e o que queda do ‘rego de Barcia’ (coido que foi o nome que me dixo Teresa Díaz) antes…
-
Imaxes
Hoxe comeza o mercado do Nadal. Hoxe hai un acto en favor da xustiza nos intercambios comerciais na casa das letras. Hoxe o concello segue a esperar ofertas (xa fóra de prazo) para un piso para desaloxar os últimos chabolistas. Hoxe o alcalde manifesta na prensa que está contento porque está impulsando unha grande cantidade…