Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Fotos Ribadeo

  • Unha vista recente

    O Parque de indianos, polo momento, é novidade. Aquí, unha vista desde ó seu interior á rotonda futura (hoxe aínda non é rotonda, senón cruce), casa do Óptico e Vía Transversal. Tamén se pode observar algo do estado no que xa está a fonte/estanque.

  • Unha obra abandoada no centro do pobo

    Estivo xa nalgún momento parada, e voltou a comezar, … e volve a estar parada esta obra de Ramón González. A fixarse na árbore caída, sinal de que xa pasou algunha tormenta despois do seu abandono. Non é a primeira vez que me refiro a ela, con foto tomada por diante ou por tras, polo…

  • Edda Frende

    Botado por Astilleros Gondán o 6/2/2009, o remorcador está agora mesmo en Mirasol, como se ve na foto que acompaña e moito mellor nalgunha das que se deixan abaixo de referencia. Como o Edda rematado hai dous anos, o Edda Fram (xemelgo diste, que saiu de Ribadeo o 7/7/7 aproveitando a marea para non tocar…

  • A ponte dos Santos

    Coido que aínda que son incompletas, a mellor forma de agradecer estas imaxes que me chegaron da ampliación da ponte dos Santos é publicalas (lembro que se poden aumentar clicando sobre elas). … se pode ser, seguirá a serie sobre a ‘nova ponte’ máis adiante.

  • Anuncio de conferencias en relación á batalla da Ponte

    Ciclo de conferencias A Ponte na encrucillada da Historia Lugar: Salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo Hora: 20:30 H. Mércores 4: “A Ponte de Arante no Camiño Norte”. Juan Ramón Fernández Pacios. Venres 6:“A Guerra da Independencia na antiga provincia de Mondoñedo”. Xose´ Ramón Veiga Alonso. Luns 9:“A pintura galega. O caso…

  • Charla coloquio

    Estaba anunciado como charla coloquio, pero foi un mítin. quizais non queda bonito chamalo polo seu nome na precampaña, pero… os que esperabamos que houbera algo de coloquio saímos preguntándonos porque non o houbo. E, unhas cousas levan a outras, aínda que o BNG comezou o acto vinte minutas tarde, tampouco ninguén dixo nada do…

  • Continuamos?

    O temporal pasou. Os destrozos quedan aínda por moitos lugares (á beira, o tellado de AROMAR caído). As queixas, tamén. Que se pode mellorar a resposta, evidente. Que non estabamos preparados, tamén. Que hai un século os destrozos terían sido vistos doutro xeito totalmente diferente, tamén, tanto pola importancia relativa que terían como pola capacidade…

  • Primeiro prato, algunha foto

    Unha árbore caída nas Anzas. Foi tumbada polo vento e ós viciños da casa da beira nen se enteraron. O lugar non di que sexa ventoso nin moito menos, nin da mostras de estar desprotexido (en ladeira, con casas á beira, …), pero o tamaño da árbore xa di algo.

  • Unha foto de Augas Santas

    Unha foto que chegou por correo electrónico da zona da baixada para Augas Santas (Catedrais).

  • Novas do día

    Algunha nova do día: Mario Coto, novo presidente do CN (ver a entrada correspondente a continuación). O Xardín de Xela/parque de indianos, aberto este mediodía (a el pertencen as fotos á beira) tan só dous día despois de que O Tesón preguntara por el no pleno (tamén o fixo o PSOE). Diversas reparacións pequenas, como…