Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Fotos Ribadeo

  • Se a educación te parece cara, proba coa iñorancia

    Collo como título unha cita atribuída a A. Einstein para deixar no blog unha pequena síntese de onte. Para min o que encheu o día foi a inauguración da XV Feira de ciencia de Ribadeo, polo que pouco máis podo dicir doutras novas. Aistitiu á inauguración o alcalde, a concelleira de cultura e o concelleiro…

  • O Ribadeo que queremos

    Hai tempo que fixen unha entrada co mesmo título, o Ribadeo que queremos, ó que seguiron varios máis co mesmo tema (por exemplo, este ‘Ribadeo que queremos’, ou este outro que tamén queremos de Ribadeo) e hoxe, a conta dos titulares da prensa e as notas do concello, lembro o pouco que se avanzou na…

  • Aldara e fotos

    Onte levei unha sorpresa no teatro. Coido que non vin nunca nunha sesión teatral o Hernán Naval tan cheo. A obra, unha primavera para Aldara, que viña precedida dunha boa crítica, non defraudou, e o televisivo plantel de actrices e actores acolleu espectadores de case tódalas idades, dende 13 anos en diante. O argumento, baseado…

  • Posibilidades de evasión hoxe en Ribadeo

    Esta entrada trata de alternativas para hoxe, en espera da recuperación da crise que din que está a piques de comezar noutros lugares. Non é para a crise en conxunto, senón moito máis modesta, para algunha persoa, para un día. As festas de Vilaselán están en marcha, e vese rir nelas. Hoxe Segue Mariñarte, e…

  • Ribadeo onte

    Deixo tres fotos xa de días pasados sobre tres aspectos dos que dous foron noticia esta mesma semana e o terceiro saíu no blog xa algunha vez. A foto de máis arriba, da r/Alfredo Deaño, é dun amaño da beirarúa. Coido que non levou moito tempo (aínda que cando a estaba a facer alguén me…

  • Sei que o concello ten limitacións, pero ten que ter prioridades

    O título é unha frase de José Duarte hoxe na prensa; denuncia ‘en positivo’ que os servizos de As Catedrais non estiveran abertos. E asígnaos como prioridade ó concello. O alcalde, este mandato, ten básicamente dous eixes de disculpa: só catro concelleiros en 13, coa limitación para realizar a carga de traballo que iso supón,…

  • Venres Santo 2009 en Ribadeo, a procesión do Santo Enterro

    Só un momento da procesión…

  • Secuencia ilustrativa de fotos na Fonte dos catro canos

    A fonte dos catro canos volta a cambiar. Aquí deixo unha secuencia de catro imaxes para ver o proceso: a cabeceira, xa a medio cortar e un detalle da mesma, despois, xa tirada na Praza de abaixo, e un adorno, correspondente ó culmen da porta da finca por riba da plazuela, que din os veciños…

  • Fotos de novidades en Ribadeo

    Comezo cunha intranscendente, que da a clasificación ó mediodía dos torneos de fútbol 3 que teñen lugar no Cantón, tal como estaban este mediodía. Non vin publicados os resultados en ningún sitio, por iso aí quedan. A segunda é do cable que onte parou o desenvolvemento da procesión, na rúa Reinante. A súa misión aínda…

  • Unha foto da illa Pancha

    A lista de Cultura do Concello distribuíuna hoxe e vai tal cual, co que se pode ver ampliada con resolución abondo. O fotógrafo, Mariano Pérez, procurou non tomar na vista os graffittis do banco. Aprećiase asemade o estado da madeira, sen pintar hai abondo tempo, e a vista recolle unha paisaxe bonita, obviando o uso…