Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Fotos Ribadeo

  • Concorrido

    Con lama, colmatado, sen ducha, sen socorrista, con auga máis cocha do corrente, pero concorrido. Así é estes días o ‘parque-praia’ dos bloques. Lama, como é xa tradición, pero algo máis, que se vai acumulando de ano en ano. Colmatado, asemade cada vez máis. Sen ducha, porque soen poñerse máis tarde, entre o 15 de…

  • Máis aló da fin de semana

    Continúa a aparecer na prensa, auspiciada polas notas informativas do concello, información relativa ó bicentenario da batalla de Arante e a recreación feita pola asociación coruñesa. Moito máis desapercibido pasou un torneo que no seu sexto ano levou ó Pepe Barrera a abonda xente, levándose o gato á auga os pequenos ribadenses, a pesares de…

  • Sen estudo de mercado

    Despois dunha fin de semana onde se viu de novo que as novas do leite parecen ser abondo menos importantes que as que afectan ós bancos, ou mesmo á industria do automóbil, atopeime onte con este banco de sentarse, posto polo concello de Ribadeo en Piñeira, que, en primeiro lugar, me pareceu unha imaxe bonita,…

  • Unha pequena frase

    Na tele, onte, collida ao voo dunha charla nunha película mala: “Traballo só por cartos” – “Non son os cartos os que me preocupan, senón o ‘só’” En tempo de crise parece todo xustificado polos cartos e só polos cartos, máis aínda que en tempos normais, aínda que o que se chama economía (e en…

  • Natureza e home, fotos e outras imaxes

    Cara ó faro, a imaxe de Pena Furada preséntase sempre cambiante e sempre bonita. Esteña como esteña a marea, ou como se mova o mar. Un dos puntos de referencia para tomar fotos e lembrar unha e outra vez. Alí pódese centrar a xente na natureza sen máis. Vela dende o paseo ou achegarse polo…

  • Marcando as horas, desbaraxustando a responsabilidade dos anos

    O reloxio do cargadoiro marca as horas a pesares de estar mutilado. Hai xa tempo que primeiro,torcéronlle a punta máis fina, ó final da estrutura, e logo, quitáronlla. Hoxe o reloxio, pode que o máis grande da provincia, marca dun xeito mutilado a hora solar (é dicir, nesta época, dúas horas menos que a hora…

  • Control

    Onte, en ‘segue o folclore‘ din nota do último comentario de José Mª sobre o goberno municipal. Hoxe, a primeira nova que leo en ‘La Voz‘ (complementada por outras dúas), lémbrame unha das faltas de actuación do goberno municipal de Ribadeo sobre a que levo insistido moito dende hai tamén moito, o control de ruído…

  • Fotos de Ribadeo

    Vale, hoxe, postos a citar ós demáis e non facer moito propio, deixo esta ligazón, coñecida para boa parte dos lectores pero que coido que agradará ó resto, a galería de fotos de Ribadeo no Flickr, que nestes momentos supera as 5 000 referencias (cinco mil, si).

  • Hoxe, manifestación

    Onte tivemos en Onda Cero como tema principal a crise do sector lácteo. Como soe suceder, dixéronse unhas cantas cousas, das que non podo reseñar todas, e aínda que sempre dende o apoio ó sector dende diferentes puntos de vista, quedaríame coa reseña de que polo momento non se vislumbra solución, que o sector vai…

  • E agora, os percebes

    Antonte, recollida nos xornais de onte, a nova a nivel provincia foi o peche da planta de Pascual, da que non puiden determinar moi ben a cantidade de litros de leite recollida por contradiccións entre os medios, pero en calquera caso, moita, e que deixa ademáis a 115 persoas como desempleadas, a parte do mazazo…