Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Fotos Ribadeo

  • Orzamento habemus!

    Antes de pasar ó orzamento: aló polas oito e media óese no pleno un golpe nunha fiestra. Todo transcorre con normalidade, pero, dalía a aun par de minutos, entra no salón de plenos un rapaz coñecido en Ribadeo, atravesa o salón, diríxese ante a mirada de todos a un balcón que estaba aberto (o sinalado…

  • 15 de xullo

    Xa temos o resume do concello (a nota de prensa da alcaldía) sobre o pleno do luns. Mentras, esperamos a Transgascogne, as duchas dos bloques xa están postas, acompañando ás de rocas brancas, o 25 de xullo hai percebada en Rinlo, hoxe recala en Ribadeo o congreso sobre Antonio Raimundo Ibáñez, … sen esquecer, a…

  • A protección da paisaxe

    Onte, ó pasar por enésima volta por diante do muro da foto, ver o seu emparedamento entre o ceo e o asfalto e o acompañamento do lateral dos edificios veciños, decidín tomar a foto. O revestimento mural de cartelería, nun lugar estratéxico de paso ós institutos, é renovado periódicamente, acadando sucesivamente máis e máis extensión.…

  • Tentando influír no tempo

    Póñome á letura da Comarca desta semana e atopo unha columna con título ‘Acisa e CCA denuncian que las previsiones erróneas del tiempo en televisión repercuten en la hostelería y el comercio’. O caso non é ise. Lendo no interior, parece que pretenden influír para que non se coloque unha nube sobre Ribadeo e así…

  • San Xoán

        Felicidades a tódolos Xoán/Xoana. É un día do que todo o mundo sabe o patronímico correspondente, e non é a causa do el-Rei, aínda que neste caso, na actualidade, a cousa coincida. De calquera xeito, e no sentido real, o día descendeu de categoría, pois houbo un tempo no que lembro que foi festivo.…

  • Ribadeo Okupa

    Día a día vai aumentando: comezou e deuse o aviso polo Tesón, primeiro das terrazas invasivas e logo dos invasivos ocupantes das catro calles. O segundo fenómeno, despois da resposta de pasaxe no pleno do concello onde foi prantexada, continúa a aumentar, de xeito que o cuberto lateral da igrexa de san Francisco está ocupada…

  • Pequenas grandes novidades

    1.A comisión de festas: Susana Lombardero, Celia Lombardero, José Manuel Rodríguez, Luis Fernández, Juan Antonio Edrosa Loureiro, Manuel Pérez, Roberto Rivas, Manuel López, Asunción Díaz, Nieves Freije, Ramón Sangrador, Juan José García, Víctor Cao, Rita Barrera e Alberto Moledo. Resulta que forman parte dela os sete integrantes da pasada, que en principio resignaran a súa…

  • As barbas do veciño

    Fíxome hoxe nun aviso que me chega de segundas, pola prensa, dun paseo polo casco vello de Ribadeo organizado por varias asociacións para criticar os puntos deteriorados. Comezará ás cinco da tarde na Solana e aínda que non poderei estar, que crititcar a secas paréceme negativo e coido que co que sae no blog xa…

  • Sobre a Atalaia, hoxe

    Despois de falar varias voltas a poucos no blog sobre o tema, aproveitando parte dunhas fotos que tomei xa hai case o mes, inserto hoxe dous artigos, un xa publicado na comarca, de José Emilo Amor, e outro a medio publicar, de Pancho Campos. A dicir que o primeiro (o da imaxe final, que lembro…

  • De dous a doce

    A semana pasada, dous cidadáns. Ista, doce. E mañá, nova xuntanza. Pouco a pouco vai tomando xeito unha nova comisión de festas, sen débedas previas, pero con moitas dúbidas cara ó futuro e a comparación desfavorable co produto-festas que teñen outras vilas próximas. A foto, unha festa doutro tipo, a que representan os grafiteiros á…