-
Das novas árbores en Rodriguez Murias
Despois do xaleo montado este ano a conta das árbores da rua peonil, a plantación de novo en toda a liña da rua a outra semana devólvelle á rúa un aspecto máis común, parello ó que tería coa vexetación anterior nestes meses. Non sei se zanxará a polémica, que xa foi moito a menos, pero…
-
Ventás abertas
Comeza ‘un amaño’ da aduana vella. ‘Un amaño’, que só significará que non se vai vir todo abaixo, pero si que se poidera vir abaixo parte do interior, a pesares dos 200 000 € de orzamento destinados. O caso é que se comeza. Onte mantivemos un primeiro contacto dende O Tesón coas Xuventudes do PP,…
-
Mobilidade
Estase comezando co plan de mobilidade. Unha persoa está entrevistando durante tres días a diversas entidades e colectivos ribadenses para pulsar a súa opinión sobre o tema e outros accesorios ó mesmo. Consultado O Tesón, presentou tres liñas básicas de actuación, as referentes a transporte colectivo, alternativo (tanto bicicletas como mobilidade para discapacitados), e peonil…
-
Tres fotos
O aparcamento no recheo dos 90 non creo que estivera previsto nin ó comezo como tal aparcamento nin despois como aparcamento de caravanas, pero cunha foto de tres das sete caravanas que había o outro día no porto pode terse unha idea de como se vende e como resultan moitas das obras que se fan,…
-
Unha observación sobre o estado das árbores
Unha foto de observación sobre o estado do tronco das árbores que estes días se cortaron na rúa peonil.
-
Do tempo
De novo, críticas ós meteorólogos sobre a previsión do tempo. Aparecen polas últimas choivas a fin de semana. Pero xa van sendo unha crítica periódica, ben polos hostaleiros, polos políticos ou por quen toque no momento. Aquí xa teño deixado algunha vez a comparación entre as previsións de meteogalicia e o instituto meteorolóxico nacional, e…
-
Visto hoxe en Ribadeo
Un pequeno paseo perto da ría da moito de si (xa non se pode dicir a carón da ría, que en boa parte do recorrido non queda á beira do camiño): A primeira, as novas escaleiras de baixada a Cabanela dende a Atalaia, aínda en obras, infrastrutura que facía falta remozar, ó contrario do ascensor.…
-
Sen grupo municipal de intervención rápida en Ribadeo
Segundo a nota de prensa sacada polo concello, esa vai ser a situación de Ribadeo ata a primavera. O alcalde bótalle a culpa á Xunta e establece unha diferencia con outros anos anteriores. Sexa o que sexa, o Grumir, os ‘chicos para todo’ do concello, que teñen sacado moitas castañas do lume a nivel municipal,…
-
Sobre a San Silvestre 2009
Unha foto da chegada dun grupo cara ó final e os planos dos dous recorridos, dos maiores (ver post anterior sobre a San Silvestre; o recorrido variou algo) e dos pequenos. A San Silvestre de hoxe foi con diferencia a máis numerosa ata o momento, duplicando o número da edición pasada.
-
En que se diferencia?
Despois de ter tomado e non publicado moitas fotos con certo parecido coa de hoxe, unha adiviña: en que se parece (e en que se diferencia) esta foto con outra que se poda tomar en boa parte das rúas de Ribadeo? A resposta, nos comentarios.