Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Fotos Ribadeo

  • Revisitando un retrato

    O retrato / escultura homenaxe de Calvo Sotelo en Porcillán despois do seu pasamento non é a primeira vez que se ve reflectido no blog. Tivo lugar arredor da inauguración e logo con motivo dun pequeno mantemento. Agora volve, a raíz de terme fixado un pouco máis nela, vendoo completa que é para algunhas cousas.…

  • As cruces 2011

    Tres fotos para o resume dunha celebración que se quedou este ano a medias polas constriccións de lugar e acceso pola construcción da nova ponte. Momento de xuntanza das bandeiras das sete parroquias O bandeo A procesión

  • Hoxe, unha visión diferente da ponte de Arante

    Por baixo da ponte nova, aínda con piares no plano. Ó fondo, a pasarela provisional. A ponte de Arante está fastidiada dende a riada de hai un ano. A anterior constuíuse no 1945, despois de ser destruída por outra riada no 1941. A pasarela, coa baixada e a parte remendada. Esta ponte terá un só…

  • Chove a cántaros. Obras, tamén choven

    Actualización a media mañá: a segunda foto compleméntase con que por fin a obra pendente no CIFP Porta da Auga vai ser reprendida, e o edificio deixará de ser un cadáver despois de xa abondos anos para irse parecendo máis e máis a un edificio público. Están metendo barracóns de obra da empresa que vai…

  • Prognóstico e máis verbas

    Hoxe sae na prensa un prognóstico que me pediron para as eleccións municipais en Ribadeo 2011. Foi 5 para BNG, 4-5 para PP, 3-2 PSOE e 1 UPRi, pero coido que o máis importante do tema non foi iso, o dar un prognóstico segundo unha visión persoal, senón enterarme de que polo visto, o dar…

  • Inaugurando a EDAR de Ribadeo: algunhas cousas

    Onte inaugurouse a EDAR de Ribadeo. Coido que unha entrada anterior xa expuxen algo sobre o tema, pero poderían dicirse moitas cousas máis. Por exemplo, deixo abaixo as intervencións do alcalde e do Presidente da Xunta (precedidas pola intervención dun técnico da empresa e o conselleiro), lembrando que son ditas pouco antes das eleccións municipais,…

  • Unha curiosidade

    Un niño de anduriñas e unha protección (unha bandexa vella de forno ou semellante, algo que non destaca sobre o fondo tamén branco) para que as súas cagadas non vaian nin ó resalte de adorno nin á beirarúa.

  • O disfraz da torre dos moreno

    … este ano decidiu disfrazarse …

  • O aumento do consumo en Ribadeo

    Unha alegoría fotográfica do consumo acelerado da nosa civilización, no noso concello: os depósitos que se poden ver nas fotos, en Noceda, non necesitan de explicación complementaria. Foron construídos para alimentar á mesma poboación, dun xeito sucesivo, en catro fases. A necesidade de auga, sinxelamente, considerouse que aumentou. O feísmo é patente, pero non se…

  • O apuntalamento da Torre dos Moreno

    Xa está aquí. Os piares que soportaban, agretados, unha carga de vinte toneladas, xa están respaldados por unha columnata de puntais. Agora, din, queda a parte posterior. A aparencia da Torre, enrexada, é a dun enfermo na uvi, e ó tempo, á espera da operación a vida ou morte. Un enfermo ó que se lle…