-
Torres no clube náutico de Ribadeo
Hai xa longo tempo (máis de medio ano) que hai instaladas un par de torres con xeradores eólicos de eixe vertical na zona do club náutico, e mesmo téñome referido a eles en algunha ilustración do blog. Onte vin unha nova que volve sobre o tema, dicindo que pronto se terá os resultados do seu…
-
Estado actual de moitas ilusións: proxectos para Ribadeo
Ribadeo é persoa maior. Como tal, moitas ilusións e proxectos vánse quedando no tinteiro. Lei de vida? Si, inexorable, pero non invariable para cada un dos proxectos, pois está visto que se se deixa, o número de proxectos inalcanzables chegará ó infinito, mentras que con acción o número dos que se vexan perdidos baixará tendendo…
-
Amenceres dende o IES de Ribadeo
[Versión algo máis didáctica en http://fqribadeo.blogspot.com.es/2012/10/clase-de-astronomia-o-natural.html] A medida que nos metemos máis e máis no outono, os días son máis curtos, e os amenceres máis tardíos. Agora é a época na que a entrada no traballo (o meu) coincide co amencer, e de xeito direto ou atraverso de cristaleiras, hai oportunidades múltiples para contemplar o…
-
Adicado ós visitantes (e a quenes están lonxe)
Cando ven a xente, non pode observar as cousas vacías, como é natural … lembreime dese feito hoxe dando unha volta preto de Ribadeo. Un par de fotos das que tomei déixoas aquí manifestando como estaba Penarronda vacía, preto das 12 (en realidade, había alguén paseando pola area, pero cadrou no anaco que non se…
-
O ceo de Ribadeo: de Ribadeo, ó ceo …
Unha tarde espléndida, con nubes sobor de Ribadeo, onte á tardiña, con fotos collidas entre a r/San Miguel e o cargadoiro. Unha mostra:
-
Sucesos en negativo
Sucesos negativos sempre hai onde escoller. Abonda con botar un ollo á economía española, por exemplo non único e manido. Collo tres fotos post festas para tres sucesos de diversa índole en negativo en Ribadeo. O primeiro, do que xa din nova sen foto o día 8, é o estado no que quedou o pao…
-
a procesión da patroa
Un par de fotos da procesión de onte… dobrando Reinante Polas catro calles
-
A honra de Ribadeo
A honra dun pobo é a dos seus cidadáns. Onte domingo tivo lugar o recoñecemento (din concesión, pero coido que é mellor a verba que eu uso) de fillos adoptivos e fillo predilecto respectivamente a José Calavera Ruiz, John Rutherford e Víctor Moro Rodríguez. Moito para resumir nun acto diverso que sumou…
-
Perspectivas
As perspectivas cambian a percepción do obxecto, e do entorno … Pódese ver ó fondo, Comado, Mondigo e ata perto de Santa Cruz, Ribadeo e a costa próxima, O fondo da ría de Ribadeo, … e as circunstancias das anteriores! (Monte San Fernando, ó sur de Trabada)
-
19? de que me sona…?
Hoxe son as protestas. Por que son hoxe? Porque se puxeron de acordo para facelo hoxe. Todos os sindicatos e partidos da oposición. Ou xente do movemento 15M. Por que son as protestas? Se non o sabes aínda, se non o sentes, non protestes: estás da outra beira. Ónde son? En moito sitios. En Ribadeo…
