-
Contrastes dentro de Ribadeo en catro fotos
Onte tomei a foto de abaixo. Enterárame polo xornal, e cría que coñecía á persoa implicada. Logo vin a a referenza a José Emilio Amor e si, coñézoo e algo sabía do tema, se ben so dunha parte, e non que chegara a ese extremo. A pancarta, moi diferente da que onte mesmo locía diante…
-
A consecuencias do pleno …
Pasei polas casas dos profesores (comentado entre outros temas nesta nota do concello), e puiden completar a colección de fotos que lle teño adicada no blog ós ‘xardíns colgantes’ de Ribadeo, incluíndo ademáis algunha pintada das que teñen. Coido que si que lles facía falta algo de mantemento, a non ser que as vaian derribar…
-
Pleno en Ribadeo e xestión da nova
Antonte, algún medio daba como nova que onte habería pleno. Resulta que o pleno é hoxe, pero o concelo só publicou ontre na web (non sei a hora) a nova de que era hoxe, co que máis dun despistado (eu entre eles) non o chegou a saber antes do pleno. Antes deste mandato, os plenos…
-
Sello da Ponte dos Santos sobre a ría de Ribadeo
Copio a nova de Correos.es sobre o selo presentado o sábado pola ministra en Ribadeo. Non dou detalles do acto (supoño que sairía nos xornais co listado de cargos presentes), pero si do selo, que coido máis importante, con 260 000 exemplares tirados: == Puente de los Santos sobre la Ría de Ribadeo == Data…
-
As novas rúas de Ribadeo, nomeadas hoxe
As novas rúas, en Openstreet maps.
-
Sobre as obras na Torre dos Moreno
Xa vira pouco a pouco a evolución das obras na xa maiormente vendida Torre dos Moreno. Onte, acompañando un amigo, tomei algunha foto: coido que para un edificio emblemático de Ribadeo que se vai reparando pouco a pouco, o ter unha constancia gráfica dos seus cambios é importante. Da fronte do edificio xa hai fotos…
-
Quizáis, nostalxia. Quizáis, só historia. Unha foto do ascensor da ribadense Torre dos Moreno.
Remato de rescatar do arquivo unha foto do 2005 do ascensor da Torre dos Moreno, onde se ve o estado de conservación xa daquela do interior do edificio, con cascotes mesmo despois de ser reforzado.
-
Vistas insólitas
O refrán en castelán ‘marzo ventoso y abril lluvioso sacan a mayo florido y hermoso’, coas chuvias e vento deste ano, lembráronme uns cantos frontes de casas ribadenses que adiantan a súa primavera particular. Deixo dúas fotos dunha casa que este ano ten o seu xardín colgante especialmente frondoso, e que, por estar en obras…
-
Curiosidades á vista en Ribadeo este fin de semana
Para comezar a semana suave, unha porta de abrepecha funcionando de contínuo, onte na zona de grandes superficies … Seguido dunha reparación: unha tiriña para reparar unha ‘rotura en óso’. Así pinta o pao da Juanín na rotonda. A que case non se nota o paso dos energúmenos? Bancos sen banqueiros. Á entrada do polígono,…
-
Rosalía, auga e Ribadeo
Hoxe, para celebrar o nacemento de Rosalía, chove a cántaros en Ribadeo. Cantou moitas veces cousas relacionadas coa auga, abondante na nosa terra. Onte lembreino ó pasar polo encoro do Lexoso, onde se xunta ó Noceda. Un sitio bonito abofé, pero que hai tempo que deixou de servir a Ribadeo como merece pola colmatación do…