Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Fotos Ribadeo

  • Só unha foto: a torre da Torre

    Aparece na Galipedia, e coido que recortada a torre queda algo mellor …

  • A Torre dos Moreno, dende outro punto de vista

    A Torre dos Moreno, edificio emblemático de Ribadeo, ten múltiples faces, moitas delas descoñecidas pola maioría de nós. Esta entrada é só unha pequena aportación máis á súa actualidade, contrastando partes xa tratadas con outras totalmente danadas, aínda en penoso estado.

  • + tapas pintadas

    Hoxe pintáronse máis tapas da zona da rúa peonil. Aí van as que vin, acompañando ás do ano pasado (aquí e aquí):

  • Xira alternativa

    Onte foi a xira de Santa Cruz 2013. Despois da polémica que a antecedeu, coido que foi abondo normal, dentro do normal que se pode cualificar un día así. A temperie acompañou e Ribadeo estivo petado pola mañá. Como xa é tradicional a xente comezou a desaparecer do pobo cara a mediodía, pero preto da…

  • Onte a auga estaba fría

    Flores subindo Santa Cruz Si, certo: onte, nos bloques, a praia popular de Ribadeo, a auga estaba fría. Dixéronmo de camiño, e quixen comprobalo. Costaba meterse, e quizáis despois de dez minutos na auga podías notar as mans un pouco máis pálidas a causa da baixada de temperatura. Despois, nada de secarse ó sol: a…

  • Polémicas (rematadas) reacendidas, Barreiros e Ribadeo-ría

    A Xunta de Galicia recibe un varapao da Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, que lle nega a regularización dos edificios de Barreiros. É a última das polémicas que se reacende. Esta volta, por unha xustiza que se ten tornado aleatoria, en función de intereses e control en moitas ocasións, mentras noutras, as menos en…

  • Natureza de retorno en Ribadeo

    Fagamos un descanso. Un home desaparecido, a probable (e para min cando menos curiosa) supresión de horarios no FEVE ou a última entrada de onte sobre o nome da ría de Ribadeo deixan paso por un intre neste post á natureza. Unha natureza que retorna a nós de xeito recurrente aínda que a nivel global…

  • Resultado: un morto

    Xa é vello. Comezo da antiga estrada de Vilaselán. Noite de xoves a venres pasado. Case está esquecido. Por iso o lembro.

  • Acompasando o tempo

    Parece que o tempo este ano vai parello ás malas novas económicas, políticas e de corrupción e comportamento de persoeiros públicos. Facendo bo o dito de ‘ata o corenta de maio …’, na época na que estamos, o Sol sae tímidamente entre nubes e as mangas curtas non son numerosas. Hai dez días que deixei…

  • Gaiás, Gaiás, …

    En Galiza, o mesmo que en Galicia, non se toma como referencia o aeroporto para aves de Castellón ou outras obras que pode haber polo mundo adiante, senón o Gaiás. símbolo de gasto superfluo ou desaproveitamento, de gasto desmesurado, certamente sobrepasa e pode servir de referenza para moitas outras obras, aínda que lle saian competidores…