Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Fotos Ribadeo

  • SEMANA SANTA EN RIBADEO: AS IMAXES ARTICULADAS

    SEMANA SANTA EN RIBADEO: AS IMAXES ARTICULADAS

    SEMANA SANTA EN RIBADEO: AS IMAXES ARTICULADAS. José Joaquín Miláns del Bosch y Jordán de Urríes Ribadeo, no extremo nordeste de Galicia, lugar de paso do Camiño Norte a Compostela, ponte entre Galicia e Asturias, vive tradicionalmente unha sinxela pero fervorosa Semana Santa dende hai centos de anos. A presencia franciscana na vila ten deixado…

  • Un telescopio en Ribadeo

    Un telescopio en Ribadeo Hai algo máis dun mes, o 25 de febreiro, presentei unha denuncia na Guardia Civil de Ribadeo. Tardei en presentala moito tempo despois de tela preparada, e, aínda así, esperei máis de trinta días máis para difundila aquí. A denuncia trata dun pequeno roubo na Casa da Ría en Santa Cruz,…

  • A casa do Óptico, hoxe.

    A casa do Óptico, hoxe.

        Por amaños na entrada da Galipedia, pedíronme hoxe fotos da Casa do Óptico, que tamén ten unha entrada anterior adicada no blog, dentro dunha serie sobre casas de indianos en Ribadeo. As fotos están feitas, e colgadas para o seu uso nos proxectos wikimedia, e déixoas tamén aquí para a súa lembranza. Esquina NE…

  • Tres anos? Non, moitos máis…

    Foto de Suso Fernández Collo unha foto que Suso Fernández ten publicada nas redes para lembrar o mesmo que el pretende: hai tres anos que comezaron as concentracións de pensionistas en Ribadeo. Cambiaron diversas cousas dende aquela: non hai foto de periodista (si de Suso, que as doa á prensa se quere publicalas), a xente…

  • Fotografías en Commons

    Hai tempo que as fotografías cargadas para Wikipedia e proxectos irmáns van a parar non a cada proxecto, senón case sempre a Commons. E sempre cunha licenza libre, do tipo Creative Commons recoñecemento compartir igual 4.0 internacional Por unha casualidade, atopei un método sinxelo que permite o sistema Wikimedia para ver todas as fotos cargadas…

  • Mirasol, sen madeira

    O comercial porto de Mirasol non ten acumulada madeira. Só algúns montóns de restos despois de varrida a explanada de ampliación da superficie feita en 2005. E despois das queixas pola invasión de mosquitos. Unha ampliación que no seu momento parecía pensada para a macronave que suscitou oposición e non se chegou facer. E que…

  • Pasando sobre dalgunha medida de fase

       Corto e pego abaixo o que remato de ver no Facebook do alcalde de Ribadeo (non está aínda nas novas da web do concello), e deixo antes algún apunte que tomei días pasados. Non para ir contra do goberno, que penso que non o está facendo tan mal dentro das posibilidades que ten a…

  • Normalizando? Día de mercado en Ribadeo

       Hoxe merquei no aparcadoiro, no lugar provisional do mercado semanal dos mércores en Ribadeo. Pouca xente (tamén era cedo), maioría de mascariñas, abrumadora entre os vendedores, pero non entre os clientes, sensación de aprendizaxe nunha situación que só se considera provisional a medias, e sentemento de que por algures hai que continuar cara a…

  • Ribadeo: vista parcial da mañá de ano novo

    As rúas non estaba baleiras, pero menos aínda cheas, mentres o sol ía desterrando o frío do novo ano…

  • Aquí, como en Vigo

       Esta tarde agasalláronme co titular: aquí, como en Vigo. Remedando o concerto ‘aquí, como en Viena‘, este Nadal Ribadeo 2019 competimos en iluminación con Vigo. En iluminación, que din que en luces non, que o de ter moitas luces ou poucas luces é outra cousa, que, outros sentidos aparte, hai zonas do pobo sen…