Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: filosofía

  • Ribadeo en dous tempos

    Collo hoxe o escaneo da poesía de Luz Pozo Garza nas bolsas da campaña ‘pan con poesía’ para unha primeira entrega de base cultural, pero a entrada non vai por aí. O título corresponde a unha apropiación e desviación de outro de Vargas LLosa no El País hai uns días: Roma en dos tiempos. Pois…

  • Dende Ribadeo, percorrido virtual pola Semana Santa e o seu significado

    Dende Ribadeo, percorrido virtual pola Semana Santa e o seu significado    O título corresponde máis ou menos ó contido do pregón que o sr. Bispo de Mondoñedo fixo onte na igrexa parroquial correspondendo co chamamento á Semana Santa. Nun ambiente no que a igrexa (enténdase, o local da igrexa) se foi enchendo a medida…

  • Unha casualidade: 15 anos de xuízos posibles para Ribadeo

    Onte, por casualidade, entereime dunha lei de hai máis de 30 anos, é dicir, da época de Franco pero que rexe aínda, na que se da protección ós castelos e murallas (considerando falta grave perseguible ata quince anos despois da súa realización), o ataque a calquera destes bens. O ano pasado xurdiu en Ribadeo (e…

  • Reincidencias en Ribadeo

    Os domingos en xeral son parcos de novas. No blog, despois das tres entradas de onte, sobre Ribadeo só teño que comentar dos ruídos da noite e do incumprimento horario dos locais, dos que xa estarán fartos os que me siguen de xeito asiduo. E dos de anteanoite, venres a sábado, na que outro veciño…

  • Unha (ou catro) chamadas de atención

    As fotos dan moito de si. As de hoxe son 4(+1) de Ribadeo para chamar a atención (e a unha para plantear unha visión diferente). A Primeira, igual que as outras, unha denuncia xa coñecida: o lixo e a separación, o do cacareado ‘burriño ecolóxico’, non sei de onde se sacou ou como houbo que…

  • Domingo en Ribadeo, quen vai á misa?

    Hoxe, o título dunha obra de teatro a representar no auditorio Hernán Naval fai reflexionar sobre que pasaría se o teatro fora tanpopular como hoxe o é o fútbol. E que pasaría, hoxe domingo se o fora a relixión? Só teriamos que voltar a vista uns anos atrás para ter unha aproximación. Despois do artigo…

  • Continuando en Ribadeo (2ª de hoxe)

    A outra de hoxe era sobre o esforzo. Esta, sobre actos. Onte tiveron lugar asambleas de O Tesón e a SSM AConcordia, un acto en teoría organizado pola asociación de amigos do país da zona para ser capitalizado eleitoralmente pola alcalde e o comezo das curtas nouturnas. O primeiro, pouco concorrido, foi un acto de…

  • Ostedijk, imaxes e unha convocatoria en Ribadeo

    Comecemos pola convocatoria, para mañá, da asamblea xeral de O Tesón: “Pola presente comunicación, convócaselle á asamblea xeral ordinaria da Asociación de Veciños ‘O Tesón’, que terá lugar no salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo o día 23 de febreiro de 2007, venres, ás 20 horas na 1ª convocatoria ou ás 20:30…

  • O antroido en Ribadeo

    Sen finalizar aínda, e a pesares do ruído, coido que o resume poden ser as dúas fotos: unha charanga entrando e saíndo, nunha rúa vacía. Por suposto que houbo máis, moito máis, e que non son dúas fotos exactaqmente representativas, pero parece que o declive está confirmado. Remítome ó pregon de antroido que fixen no…

  • San Valentín, querendo a Ribadeo

    Amenzo coa nova de que unha gamberrada fixo pinchar unha ducía de coches en Ribadeo, mentras a programación cultural tenta extenderse a todos, incluídos os máis pequenos, ou ós namorados, co Romeo e Xulieta que se representa hoxe. E mentras o vento zoa fóra con forza, e chove a cántaros, pregúntome que significa o San…