Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.252 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: filosofía

  • Per crucem ad lucem

    É unha inscrición que vin na catedral de Braga: Á luz pola cruz. Coido que se pode interpretar de máis dun xeito, pero que o sentido orixinal debe ser algo así como ‘gañemos o ceo sacrificándonos na Terra’. Se me chamou a atención foi pola semellanza con ‘quen algo quere, algo lle costa’, que pode…

  • Paz, tranquilidade e un bo libro

    Algo así tenta procurar moita xente en agosto. E hoxe en Ribadeo parece que llo tentan poñer doado. Por unha banda, presentación de ‘O bosque de Nadgor’, de Farruco Graña (xa referido aquí), con ilustracións de Chema e portada de Chenchu, como lectura. Por outra, continúa a exposición de mandalas, dos que poño unha pequena…

  • Para a participación fai falta claridade, difusión, …

    Está claro que hai pasos previos antes de lograr a participación veciñal, cando se parte dende a abulia. Alguén me dixo que a falta de participación veciñal era froito do franquismo, e eu estou de acordo con que os malos hábitos, neste caso o non participar a partir de que non se poda facelo, son…

  • Atribuído a Gandhi

    ‘Se ti o cambio que queiras ver no mundo’. Leino onte na prensa. Curiosamente, nas páxinas de economía. Coido que ven a significar algo así como ‘se un exemplo do que queiras para os demais’. Pero chamoume a atención de que fora precisamente nas páxinas de economía. A foto, a banda de Vilaba no festival…

  • Homenaxe a un descoñecido (mar 109), un artigo xa vello

    Despois de descubrir vellos artigos, algún sen publicar, mesmo moitos sen rematar, de cando en vez irá algún no blog para que vexan a luz. Mantelos igual que estaban pode representar mesmo un desafío: os tempos, as percepcións, cambian. Este é do 1999, e coido que non chegou a publicarse. Por certo eso de ‘mar…

  • Ribadeo e o oceano

    Ribadeo mira pouco ó mar. Á beira dun codo do oceano, o Cantábrico, a procesión do Carme non sae da ría de Ribadeo. E é o momento no que máis xente hai á beira do mar. Tivo relación no pasado, con embarcadeiro en Hamburgo, pero hoxe xa non é así. A cita non ven pois…

  • Dereito e responsabilidade

    Un auto do xulgado denega á Xunta paralizar 1300 pisos de Foz. É noticia. Pode (alomenos, debera) estar adaptado á legalidade vixente. Á lóxica xa non é tan seguro que o esteña. E é que as leis non sempre van polo camiño da lóxica, senón dos intereses. Xa hai tempo conta aquelo de ‘quen fixo…

  • Referido ó mundo, referido a Ribadeo

    Estoume aficionando a ler as novas globais en clave local ou viceversa, como unha especie de versión de ‘pensa globalmente, actúa localmente’ que puexeron de moda as organizacións ecoloxistas hai non tanto tempo. Así, dun artigo só de Juan Goytisolo no El País de hai xa case un mes, extraigo: ‘Un país non ten por…

  • Sacrificar ‘Un pouco’ o medio natural en Galicia

    Esa é a proposta que me atopo nun xornal do domingo, feita por o partido político que aínda hoxe é maioritario en Galicia. E pregúntome que é eso de ‘un pouco’. A cita, “Para que Galicia siga siendo capital mundial de la acuicultura hay que sacrificar un poco el medio natural”, está atribuída a José…

  • Reiterantes na conduta tolerante

    Esa foi a razón básica do peche durante un mes (multa a parte) da que foi cualificada o ano pasado como a mellor discoteca do mundo (e foi en España!). Para continuar a entrada anterior, dicir que nalgunhas loitas, pouco a pouco, vaise avanzando…