Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.416 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: filosofía

  • Non hai máis remedio: seguimos coa ría de Ribadeo

    Pois iso. A non ser que queiramos comentar a viaxe a Uruguai (no que resulta que se fai de todo, dende anunciar axudas á Casa do Viejo Pancho a promocionar o turismo mariñán), ou lembrar discordias no interior da casa do concello á vista do que pasa agora no de Viveiro a conta da relación…

  • Sic transit gloria mundi

        Collo unha foto xa vella tomada no escaparate de Foto Miguel, do día seguinte ó enterro de Calvo Sotelo. Fáigoo un día no que di a prensa que a familia ve con bos ollos unha homenaxe.     Teño tamén unha foto do mesmo día seguinte no cemiterio, que non poño porque non quero que…

  • Lido hoxe. Non é necesaria tradución

    “A las palabras puede que se las lleve el viento. Pero en política, a las mentiras no. Si se insiste en ellas, sedimentan mal.” “la mentira te degrada y degrada al mentiroso.” J. Ernesto Ayala-Dip en El País. Ás veces, hai periodos nos que é necesario insistir en determinadas cousas (citei o mesmo tema no…

  • Está xustificada a mentira en política?

    Faigo outra entrada extra hoxe, no día das letras galegas, un sábado de 2008 no que na Comarca hai máis extensión adicada á nave da ría que a outra cousa, extensión na que se lembran as verbas e opinións dos políticos o outro día, todos máis ou menos en contra da nave de Portos e…

  • Novos retos, novas oportunidades: unha entrada fóra de contexto, para a revista do IES Porta da Auga

    Cando se estuda ós seres vivos, soe comezarse pola descrición do seu ciclo vital. De xeito básico, nacen, medran, aliméntanse, reprodúcense e morren. O ciclo pode cortarse en calquera momento debido a causas diversas. Estámolo vendo tódolos días coa xente, vendo a incidencia dos accidentes nese ciclo vital, ou mesmo a diferente taxa de desgaste…

  • Prestar atención e paying attention, dous xeitos de ver o mundo (2ª de hoxe)

    Un artigo, http://lamediahostia.blogspot.com/2008/03/seth-godin-sobre-el-futuro-del-negocio.html lévame a pensar sobre o diferente que é falar un idioma de falar outro, algo que ten que influír sobre os campos de ideas que son a base do noso pensamento. A versión galega ou castelá do termo, ‘prestar atención’, parece indicar unha espera de que, a continuación ou próximamente, haxa unha…

  • Falando

    Vexo na prensa un titular: Marrocos plantéxase baixar o volumen dos muecíns por ser perxudicial para o turismo. Nótase que aquí somos ‘máis civilizados’: aproveitamos as procesións para o turismo e deixamos que os bispos cada vez falen máis alto. Non era deso do que ía falar en principio, polo que cambio de tema. Antonte…

  • 98 euros

    Ese será o prezo das fins de semana subvencionadas en Ribadeo, viaxe en Feve incluído. O concello, de novo favorecendo á hostalería ribadense. Como debe ser. Pero, postos a favorecer, tamén debería lembrar de favorecer á xente que se ve afectada por parte desa hostalería, esixindo dunha volta que cumpra a lei. E ten unhas…

  • Begasa, galego e estrutura

    Onte participei no debate de Onda Cero na Mariña. Había máis temas, pero quedámonos parados no do corte de luz. Comezamos por sentimento e opinión, e logo pasamos a unha parte máis técnica, na que entraron non só a infrastrutura (non só deficiente, senón tamén pequena xa en Ribadeo), senón a legalidade (a distribución de…

  • Un descanso en Ribadeo

    Onte domingo véume de novo a lembranza da rodaxe da película ‘Os mortos van ás présas’, pola que levan pasado alcalde, ex-alcalde (ambos de curas), pícaros de Ribadeo (non só de Rinlo) como monaguillos, a banda (parte dela), etc. Por? Resulta que lendo a prensa entereime de que martes pasado foi o día mundial da…