-
Cando a lei non se cumpre
Despois de citalo moitas veces sen poñelo no blog a última a pasada semana, aí vai un vello artigo (publicado en “A Mariña” de O “El Progreso” o 14 de novembro de 1996, p.2, segundo copia en imaxe). Un artigo que coido que pode relerse hoxe en relación a outras moitas circunstancias, aínda que…
-
Escapes
A prensa ás veces non trae nas súas novas determinadas cousas. Está comprobado e dito por moitos estudosos do tema, a parte de ser evidente en pequenas comunidades como Ribadeo, que os medios de comunicación tan pronto magnifican determinadas actividades ou sucesos como minimizan ou sinxelamente ningunean outros aínda máis importantes. Onte entereime na rúa…
-
Cada vez existe máis conciencia de que no século XXI hai que ir más aló do lamento ante os abusos dende o sillón da nosa casa
“Cada vez existe más conciencia de que en el siglo XXI hay que ir más allá del lamento ante los abusos desde el sillón de nuestra casa”, dice Fernando Moner, vicepresidente de la Confederación Española de Consumidores y Usuarios. Tomado de El País… outro xeito de dicir que está extendéndose a consciencia de que hai…
-
E máis unha terceira: Límites
Resulta que ía para o libro das festas, pero o libro está editado e esto non está incluído… Límites Cales son os límites de Ribadeo? Calquera foráneo que mire un mapa poderá dicilo: nomeándoos polo que hai máis aló, Ribadeo limita con Barreiros e con Trabada. Para moita xente, abondará con eses límites. Iso non…
-
Galicia son os carballos. Reflexións mínimas ó pe do camiño
Despois dunha longa camiñata polo interior de Galicia, cheguei á conclusión de que o que define Galicia son os carballos. Indo por eses camiños abondo descoidados,moitas veces inutilizados por falta de xente que ó transitar os manteña limpos e listos para o seu uso (Galiza estase a despoboar, por se hai alguén que non o…
-
Vota por Europa, vota non
A vida secreta das palabras é unha película que ó primeiro, impactoume polo título. Non quero dicir que a película en si desmereza, senón que foi o primeiro que souben dela, o título. O caso é que onte, misturado co referendo irlandés sobre o tratado de Europa, lembreina (mellor, lembrei o título) e decidín incluíla…
-
Que mala sorte!
Enténdaseme, non é que queira que perda a selección nacional (de fútbol, claro; ó 3-0 fóille rendido homenaxe aínda nas emisións francesas, por exemplo, sinal de que xogaron ben e o resultado foi merecido), pero non creo que fora en absoluto mala cousa. Dicían os romanos aquelo de ‘panem et circenses’, é dicir, ‘comida e…
-
Un mundo non ideal
Que o mundo non é ideal sabémolo todos. Sábeno os recién nados cando o seu primeiro choro, aínda sen saberse expresar con palabras nin ter un control mínimo de calquera outro tipo de expresión non automática. Deixámolo de manifesto todos os anos de xeito lúdico nas fogueiras de San Xoán, cando tentamos axudar ó…
-
Selectividade estilo Ribadeo
Normalmente os diversos comentarios de texto que piden na selectividade son abondo bós, ricos en significado. Así, esta volta atopei alomenos catro textos propostos que se poden ler en clave ribadense. Aí vai un, un curto texto de Kant sobre a Ilustración que se me manifestou como moi aplicable non só a aqueles tempos da…
-
Novas de xente amiga
Mentras que a folga de transporte arrecia, seguen a chegar novas diversas. Dende que unha cisterna pasou escoltada para un subministro mínimo ás gasolineiras de mariñás ata un preacordo para a construcción da subestación eléctrica para o polígono (e para Ribadeo) ou ata o recoñcemento do mal estado da Casa da Ría de Ribadeo. Dende…
