Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.418 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: filosofía

  • Unha entrada curta: unha cita, unha ligazón.

    … non é novo, senón moi vello. Escoiteino moitas veces, pero non o vira escrito. Entérome agora que é de Platón. Por suposto, a aplicación a Ribadeo está servida a pouco que se pense.

  • Público/privado

    Isa é polo momento, a nivel non partidario, a principal división de decisións cara ó futuro de Galicia, despois de que Feijóo anunciara a súa intención de privatización de servizos e xestión. En particular, na sanidade e os seus hospitais, pero non únicamente. Trataríase algo de así como da aplicación do modelo madrileño, algo que…

  • Fresco ós oitenta anos.

    Despois de tanta campaña, pode producir unha sensación ben diferente o ler unha entrevista como esta que lle fixeron a Noam Chomsky.

  • A orde sen o poder: reflexións para un día de votación

    A primeira parte do título é unha cita (1) que recollo como posibilidade. Posibilidade moi a ter en conta nun día de eleccións coma hoxe. O resto tamén son citas, e a súa fonte. “O sufraxio universal é o dereito para o cidadán de poseer 1/1460 ou 1/1461 (contando con anos bisisiestos) do poder que…

  • … e ó fin, a campaña finaliza hoxe

    Din que foi non a máis dura, senón a máis rastrera que se lembra. Onte, a charla de Onda Cero rematou con dous minutos para falar sobre a impresión da campaña. Un contertulio, José Mª Rodriguez, dixo o que eu remato de dicir. Eu contenteime con dicir algo así como ‘se un político quere ser…

  • Ocio incontrolado

    Mágoa! a conferencia era onte, e cando me decatei xa non podía avisar a ninguén. O título, ‘Inconveniencias sociais e para a saúde do ocio incontrolado’, pintaba moi ben. e quédome coa parte final, o concepto de ‘ocio incontrolado’

  • Meditación sobre a crise

    chegoume un .jpg (grazas, tocaio) con algo de Einstein sobre a crise. Permítome dubidar da autenticidade da cita de Einstein, a pesares de que leve a súa sinatura e foto, pero se non é del, non está mal traído: a crise pode ser unha oportunidade para mellorar (non é que sexa máis doado mellorar coa…

  • Aposta forte

    De tiras e afloxas pásase xa á protesta procurando apoios. O mercado dos mércores, inactivo excepto unha pequena representación de produtos da horta, pasa a unha nova fase ó convocar os comerciantes unha manifestación para o día 11, unha volta calmado o tema das eleccións. Esperan que os ribadenses os apoien. E creo que se…

  • Antroido, último día

    Mañá, cinza. Por iso, un sorriso non está de máis… Os selos dunha nova colección de correos arrinca ese sorriso. E, despois da purga de antroido e comezo de coresma, continúa a vida (tamén a do blog, xa máis normal)

  • Vaia novas…

    A cadros. Así queda un despois de ler algunhas novas. Non é aquelo de novas totalmente especiais, porque multiplícanse, fánse normais e a xente non reacciona, co que perden non a capacidade de impacto, senón o impacto real. Xa levo comentadas moitas, pero de cando en vez é un exercicio voltar a facelo con algunha…