Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.418 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: filosofía

  • Mos ou o embigo madrileño

    Vexo hoxe na prensa que dúas granxas adicadas ó leite poden pechar en cuestión de días (230 e 107 cabezas, respectivamente). Lembremos: o leite é un produto perecedeiro, e se non se recolle, as vacas pásano mal. Se se recolle e non o venden, a parte de que as vacas seguen a consumir, non hai…

  • Unha pequena frase

    Na tele, onte, collida ao voo dunha charla nunha película mala: “Traballo só por cartos” – “Non son os cartos os que me preocupan, senón o ‘só’” En tempo de crise parece todo xustificado polos cartos e só polos cartos, máis aínda que en tempos normais, aínda que o que se chama economía (e en…

  • Marcando as horas, desbaraxustando a responsabilidade dos anos

    O reloxio do cargadoiro marca as horas a pesares de estar mutilado. Hai xa tempo que primeiro,torcéronlle a punta máis fina, ó final da estrutura, e logo, quitáronlla. Hoxe o reloxio, pode que o máis grande da provincia, marca dun xeito mutilado a hora solar (é dicir, nesta época, dúas horas menos que a hora…

  • De visita

    O traballo dos políticos é curioso. Feijóo estivo en Ribadeo para … os actos en homenaxe a Calvo Sotelo ou á inauguración dunha feira de queixo, pan e viño? Para ambos, pero non coinciden na mesma noticia. En canto á homenaxe, coido que quedaría moito que dicir, pero que, ó tempo, xa está todo dito:…

  • Comentario censurado en el País a conta dun artigo sobre descargas

    … en realidade, o comentario, correspondente a iste artigo (do que se pode ver a tendencia xa no título, totalmente desenfocado da realidade), foi censurado por partida doble. Dicir que a parte comentada no artigo foi tratada nun dos puntos nun post do blog, mesmo cun comentario externo. Aquí deixo a segunda versión do comentario…

  • Sobre a liberdade en Ribadeo e na rede

    Hai uns días publiquei unha foto, entre outras. Antonte ‘aconsellouseme’ quitala. Revisándoa, non vexo o por que, e máis aínda tendo información complementaria que non publiquei. De calquera xeito, xa que se me ‘aconsellou’, pensei nas consecuencias. E atopeime con outras situacións anteriores, relacionadas con outro tema pero semellantes no fondo ás que xuntar o…

  • O concello

    O concello estes días é nova. Atácase o soldo do alcalde 2781€ brutos mensuais (14 mensualidades, sen ningún outro complemento), quen reacciona negando unha suba desorbitada da que é acusado, e deixándoa na doceava parte. A cambio, acusa ós acusadores, a CGT, de ser “esa central sindical está instalada na difamación continúa e na mentira”.…

  • Semana Santa 2009

    Á espera de cargar o programa (hoxe ou mañá), está colgado xa o libro correspondente á Semana Santa 2009, que pode consultarse a traverso de ‘Publicado en Ribadeo‘ ou de xeito direto en formato .pdf.

  • Débese axudar ós bancos?

    Si, xa sei: hai bancos e bancos, e a nova que vou ligar a continuación non se refire a un banco español, pero é para meditar http://feedproxy.google.com/~r/ElBlogDeEnriqueDans/~3/nNzy5fTDLvU/el-barclays-y-el-efecto-streisand.html

  • En galego, en castelán, … en escrito e para todos

    Vía J. Mª Rodríguez chegoume este correo que poño a continuación, correo que anda circulando pola nosa xeografía. Xa teño falado algunha vez no blog sobre o tema, e despois das preguntas de O tesón do pasado pleno, coido que debo poñelo para darlle máis difusión — *Asunto: Escrito de José Luis Sampedro para circular…