Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.418 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: filosofía

  • Sobre a neutralidade na rede

    Moito se leva falado da ‘neutralidade na rede’. Iso quere dicir, máis ou menos, que se deixe a rede como o que é, un vehículo, e que non se tente apropiar por ninguén para manexala segundo as súas preferencias, algo que se pode facer de moi distintos xeitos e que, en España, estase a facer,…

  • El papel del periodista es establecer un sistema de valores

    O título é unha cita de Juan Luis Cebrián na p.45 de El País de 3 de xuño de 2009. De onde lle virá a iste home o coñecemento? Directamente de Deus, do que sería unha especie de parladoiro mecanizado, estilo ‘Deus ex machina’? Vamos, que no futuro os valores terían que ser os que…

  • Bica, da a man, di hola…

       Levo uns cantos días esperando a reacción á campaña do colexio de Médicos de Madrid, “No beses, no des la mano, di hola”. Polo que parece, non hai reacción. A cousa está na prevención da gripe mexicana, e chamoume a atención dende o principio e cada vez máis. Unha cousa é unha profilaxe fronte…

  • Algúns días pola mañá…

    …alǵuns se despertan como se estiveran na lúa. Nótase especialmente en días significados, onde as resacas abondan. Un descobrir de novo a Terra, pero moi diferente, foi o que lle pasou ás misións Apolo. Un día significado, o de Nadal de 1968 foi tomada a foto onde se ve unha Terra azul por riba da…

  • Un artigo xa vello?

    Publicado en 2003 en ‘La Vanguardia‘, este artigo de Manuel Castells, “Democracia en Finlandia“, coido que está alomenos tan no candeleiro como cando se publicou. Apto para reflexionar un día de significado político e social como o de hoxe.

  • Só unha pequena reflexión, máis aló da mañá dun día calquera

    Atópome no blog de ‘motivaciónlimitada.com‘ unha imaxe cunha lenda: “O mellor xeito de predicir o futuro é creándoo”. Será verdade? Coido que se se puxera máis en práctica…

  • Non se trata de facer de cada pobre un rico, senón de facer forte unha comunidade

    Corresponde a unha frase de ‘El legado de una revolución‘, e non trata de Ribadeo, senón da India, da obra de Vicente Ferrer. É curioso que me chame a atención, relacionado con algo de Ribadeo? Non o creo. Coido que a difusión dos feitos que deron lugar ó estado actual da obra de Vicente Ferrer…

  • Diversificación de fonte

    Hai cousa de doce anos comentaba nunha xuntanza onde había xente duns cantos países que a prensa en España mantíñase a un nivel informativo que coidaba abondo mellor que, naquel entón, por exemplo, Inglaterra, pero que había síntomas de que a cousa ía ir a peor. Coido que non errei. Aquí a prensa é máis…

  • sobre as descargas, os piratas e o delito

    Coido que hai abonda intoxicación no tema e un montón de intereses. Por iso as novas como istas necesitan unha difusión ‘boca a boca’: “Descargarse 3.322 películas y un número indeterminado de canciones para uso particular o para intercambiarlas con otros usuarios de Internet sin ánimo de lucro no constituye delito.” O compromiso dunha rede…

  • Castelán vs galego

    Estes días estou escoitando (máis ben, lendo) diversas cousas en favor do castelán nun interesado conflito idiomático. Entendo que, con variacións, pero básicamente, o que se pide é que se deixen sen protección os idiomas, para que poda haber liberdade. O mesmo principio que en economía levou ó sistema económico que se autotitula único ó…