-
Un artigo de Saramago
Vexo en im-pulso a referencia a un artigo no blog de Saramago. Non dí nada novo, pero recomendo lelo. O título, “No al paro”.
-
A conto das fronteiras
A conto das fronteiras, de ter visto nos derradeiros días varias citas e artigos sobre muros e divisións (como en Le Monde Diplomatique deste mes ou no El País de hoxe, pode que a conto dos vinte anos da caída do muro de Berlín), remata de virme á memoria un artigo, vello xa, de Suso…
-
Táctica política no PP de Ribadeo
É instrutivo ver o devir político cunha pouca de análise. Non tanto os casos de corrupción como a propia vida normal dos partidos, que é a que manifesta mellor o ser social que son (a corrupción é máis unha enfirmidade das persoas, aínda que se poda rematar transmitindo ó corpo social, á estrutura na que…
-
Unha indireta para todo o mundo (Ribadeo incluído)
Repasando vellos xornais nos que tiña cousas separadas, atópome con algunha que non deixo de poñer no blog, do diario Público de 20090906, p. 6: Unha viñeta: Título: Diálogo social (exemplo de) – Repetar os dereitos dos traballadores, si, pero… – Non se decatan de como delocalizamos as nosas fábricas en países onde non se…
-
Cánto levan escoitado estas pedras de Santiago
Tomo prestada a expresión do título para comezar este artigo sobre unha manifestación en prol da potenciación do galego. Onte en Santiago houbo una manifestación abondo numerosa na que compartín lugar con outra xente coa quecompartía máis ou menos ideas ou coa que non compartía formas, por exemplo nas frases coreadas que, camiñando ó seu…
-
Ribadeo, aldea global?
Hai xa máis de corenta anos que Marshall Mc Luhan cruñou o termo ‘aldea global‘ como idea da reducción do mundo ante o alcance das comunicacións, e polo tanto, do intercambio de relacións entre as persoas. Coido que o termo pode ser considerado apreciativo ou despreciativo, a pouco que non se tome dun xeito totalmente…
-
Noutro sitio
Despois das festas patronais, en Ribadeo, houbo unha serie de comentarios e queixas (ou aquí). Parecería que ‘Ribadeo is different’, que só aquí se pode dar un conflito co tema das festas máis aló de se as orquestas foron boas ou malas. Agora podemos constatar que non, que debe de ocorrer así noutros sitios, como…
-
Unha contribución ó conflito sanitario?
“Temos que incorporar ó proceso do cancro unha mentalidade de consumidor esixente“. O artigo de ‘Público‘ di algo que é normal: nun servizo debe esixirse. Parecería que na sanidade, no servizo sanitario, tería que ser a norma, pero na prática non o é. Por exemplo, porque a xente síntese sumisa ante o médico, unha persoa…
-
Cross-booking en Ribadeo
Necesito/necesitamos (a idea xa foi exposta en O Tesón hai algún tempo, pero necesita repouso) axuda para poñer en marcha en Ribadeo unha sección de cross-booking… Quizáis o título debera ser en realidade o subtítulo, e comezar por explicar que é o bookcrossing, o ‘cruce de libros’. Pero, para quen queira saber máis sobre o…
-
Unha frase
“En Galicia hai familias que se desintegran mentras outros fánse millonarios”. Á frase pódeselle quitar importancia dicindo, por exemplo, que foi escoitada nunha película, ‘Heroína’, que non é nada novo ou que non só sucede en Galicia. Tamén se lle pode acumular dicindo por exemplo que a desintegración de familias enteiras fáise un negocio, nexo…
