Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.254 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: filosofía

  • Mirando cara fóra: as multas dúctis

    Comeza (quizáis máis ben continúa) a ser frecuente que aparezan novas nas que un sector produtivo pide menos severidade na aplicación da lei para o seu beneficio. O último caso na viciñanza é o de Navia, hoxe nova porque o comercio critica á policía local polo celo nas multas. O motivo da queixa ó fin…

  • Unha cita de Cicerón

    Atópome unha cita de Cicerón (aquí, citas) no ‘Público‘: A lei suprema é o ben do pobo. O malo é que pretenden existir ‘lexisladores supremos’ que interpretan o ben do pobo ó seu xeito, e atopámonos con dictadores e corruptos.

  • En relación ós emigrantes

    Relendo partes dun libro que vai para catro anos, atopo algo que aínda serve para cavilar moito hoxe. “(…) teño visto os emigrantes, famentos, pálidos, tristes, esconsolados, coas mans callosas de tanto traballo … que xa sabedes que desta terra fuxen os que traballan, pero non os zamezugas da política que teñen as mans suaves…

  • A princesa que quería ser muller

    Onte, dentro dos actos relacionados coa muller en Ribadeo, celebrouse a entrega de premios das curtas realizadas por estudantes dos centros educativos de Ribadeo sobre o tema da violencia de xénero. As autoras de cinco guións foron agasalladas (coido que todas eran rapazas) entre os 19 guións propostos, e foi amosado o vídeo gravado a…

  • A liberdade de cada quen…

    A liberdade de cada quen chega ata onde comeza a dos demáis. Pero para ser equitativos, as áreas de cada unha das liberdades deben ser semellantes. En cambio, a área de liberdade de cada un, que medra coa técnica, vese mermada polo poder dos demáis (ou acrecentada polo propio). E, se hai épocas nas que…

  • Ventás abertas

    Comeza ‘un amaño’ da aduana vella. ‘Un amaño’, que só significará que non se vai vir todo abaixo, pero si que se poidera vir abaixo parte do interior, a pesares dos 200 000 € de orzamento destinados. O caso é que se comeza. Onte mantivemos un primeiro contacto dende O Tesón coas Xuventudes do PP,…

  • Educando

    Non se está a dar difusión en Ribadeo dun acto que terá lugar na Veiga mañá venres 12 de febreiro, e que é unha oportunidade para a comarca. Coido que estará cheo, pois o xuíz Emilio Calatayud non soe deixar indiferente a ninguén nas súas charlas, e a súa fama como xuíz de menores exténdese…

  • A loita contra a corrupción

    Copio sobre a corrupción: “Non só afecta á clase política, tamén ós funcionarios e ós grupos de presión. En España temos moitos exemplos. Hai presión por parte do sistema económico que procura obter beneficios, e eso pon en perigo o sistema democrático. Ó final non goberna o pobo, senon que quen está a liderar o…

  • De artigos

    Despois de pasar unha ollada polas novas do día, atopo dúas entradas de blog que non din o mesmo, sobre política (e en particular aplicable á política municipal), ambas en castelán (aínda que xeradas ambas en Galicia e me consta que ambos autores non teñen o mesmo enfoque sobre o galego) que coido debo pasar…

  • Manifestación en Santiago

    Hoxe haberá ribadenses manifestándose en Santiago en contra da nova normativa sobre as linguas. Coido que a miña postura está clara en contra dela, pero mellor que argumentar direitamente, prefiro deixar dúas ligazóns, unha ao borrador e outra ós comentarios da Real Academia Galega. Como outras veces, despois de ver o derradeiro post de im-pulso,…