Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.418 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: filosofía

  • A auga pasada

       Rematou a Semana Santa. Case ó remate atópome cun díptico en papel duro de alta calidade, o que deixo escaneado á beira, da semana para Ove, Piñeira e Vilaselán. Non é que as tres parroquias se xuntaran para facer un consorcio de celebración da semana santa, senón que son administradas polo mesmo sacerdote.  …

  • Colaboración

    Onte aparecía na prensa a colaboración futura entre Salvamento marítimo e a vixiancia antidroga. Igualmente daba a nova de que a xente a AEAT poñerá recursos para colaborar contra a contaminación. Está claro que unhas axencias ou dependencias públicas teñen máis recursos que outras, e aínda que así non fora, tamén estaría ben mellorar a…

  • A xenia do fútbol e a arte de Fabio

    Onte, a entrega dos premios ós audiovisuais feitos nos colexios, ‘cine nas aulas’, para promoción da igualdade deu unha agradable sorpresa cunha curta de calidade. ‘A xenia do fútbol e a arte de Fabio’ presenta unha historia elaborada a partires dun guión sinxelo pero novidoso. Coido que contar máis sería estragar parte do encanto dunha…

  • 8 de marzo

        Tradicionalmente dende hai tempo o día de hoxe está dicado á muller. Segundo a fonte consultada, a denominación do día inclúe o termo ‘traballadora’ e/ou ‘internacional’.     Por cousas do calendario de celebracións relixiosas, no día de hoxe tamén coincide este ano o martes de antroido.     O anterior non implica nada en boa…

  • Conciencia cidadá

    A traverso de Im-pulso entérome da ‘revolución estilo Islandés‘. Non se trata aí de derrocar a un dictador como está a suceder nos países norteafricanos, senón de plantexarse que quen as fai, págaas, tendo moi clariño que o poder reside no pobo, e que o pobo para iso, necesita unha educación de calidade, minimizando os…

  • Só unha cita

    de Gandhi; téñoa apuntada hai tempo para un día como hoxe, coido que tirada do video ‘La obsolescencia programada‘: “O mundo é abondo grande para satisfacer as necesidades de todos, pero sempre será abondo pequeno para satisfacer a avaricia dalgúns”. Pois iso.

  • Un momento, reflexión, hoxe hai folga?

    A crise necesita de reflexión para resolverse. A situación de perda de dereitos sociais, de algo máis: da defensa dos propios dereitos. Ben, as dúas propostas anteriores son incompletas por estaren reducidas ó máximo: quedan fóra por exemplo factores como o meter en vereda ós causantes da crise, para o que non chega a reflexión,…

  • Medidas preventidas

    É o título dun libro de pequenas obras a modo de pezas teatrais. Quizáis pouco que citar del como libro. Pero si como revulsivo. Un par de mostras, unha dunha da propia obra e outra da introducción: “T.-Aforre o da felicidade. A felicidade é sospeitosa.” “(…) Son medidas desenfocadas e dirixidas a cidadáns de a…

  • ASUSTA PORQUE HAI HÁBITO. (artigo de Carlota Eiros)

        Deixo a continuación un artigo de Carlota Eiros que sairá próximamente noutros medios:  ASUSTA PORQUE HAI HÁBITO.     A estas alturas a maridaxe entre patrimonio e vandalismo non resulta estraña en Ribadeo. Por patrimonio referímonos ó legado valioso que representa a mentalidade e o saber dos que no pasado construíron e habitaron o lugar.…

  • Freewikileaks.eu

    Hoxe non farei unha manifestación: Ribadeo está lonxe das grandes vilas e non haberá (polo momento) unha manifestación ribadense en favor de Wikileaks. Sirva ista entrada, visible ás seis da tarde, hora das manifestacións previstas, como un certo substituto. Hai varios días que quería escribir sobre o tema, pero entre onte e esta mañá houbo…