-
Unha tarde para desfrutar
Onte, á tardiña, en Ribadeo, desfrutábase con vivir. Prima de risco? Dívar? Bankia? Latrocinio legal? Mellor a esperanza dun futuro mellor, máis en convivencia coa natureza, as protestas firmes, mantidas, pero lúdicas, imaxinativas, con futuro, as novas mañás (como a de hoxe) cun ceo que podes comer sen atragantarte, un decrecemento mantible, … A vida…
-
Unha convocatoria formativa
A semana pasada apareceron polo pobo os carteis. Sabía que se estaba xestando, pero non o resultado definitivo. Sabía que a estrutura política e económica está empurrando a convocatorias como ista, pero non sabía a ónde chegaría nin cándo chegaría a resposta. Xa houbo protestas, e hoxe, en Ribadeo, prantéxase nestes termos: “Pola presente I…
-
Hipnotismo de masas
As imaxes psicodélicas da televisión levan a un mundo de desprendemento da propia conciencia onde a realidade queda como un case invisible trazo tenue … Parece que vai comezar algún campionato de fútbol. Nota: a distinguir entre ver fútbol, gostar do fútbol, xogar ó fútbol, desfrutar co fútbol, vivir o futbol, vivir do fútbol, vivir…
-
Movemento
Unha entrada sinxela para un fin de semana máis … coido que dende o pasado xoves a martes tódolos días hai algunha cousa cultural/participativa. Aí están, A Mariña para igualdade cas súas actividades, o concello, a reclamación de participación para a construcción da residencia de anciáns mañá domingo, ou cousas de máis lonxitude e variedade,…
-
Loitando chégase a algo
Coido que teñen razón os que din que o esforzo non está abondo valorado no ensino. De sempre, as cousas que costa conseguir despois deféndense tamén mellor. Se ata hai o dito de que é preferible mercar algo ós herdeiros que a quen o obtivo polo seu propio esforzo, por algo será. E ise esprito…
-
De entroido en entroido (pero serio)
O entroido en Ribadeo pasou; queda a cinza de hoxe e os choros do sábado. En contraste, outro entroido leva camiño de chegar via difusión do que comezou en Valencia. Chámolle entroido porque puiden ver o que alí pasou (alomenos en parte) e a referencia en diferentes medios, contrastando coa opinión da xente que te…
-
Unha agresión, unha manifestación. Polo momento
Collo a imaxe de Angel Alda. A Manifestación a favor dunha vida laboral digna, contra unha reforma que escraviza ós traballadores. Madrid, hoxe.
-
Hipotecar o futuro
Collo unha cita de Manuel Torres Mendoza en ‘Vivir en deudocracia‘: “Unha das primeiras medidas que se poden coller para cambiar unha situación é redefinila. Denominala de xeito diferente é o que fixo, por exemplo, a consellería de Educación da Generalitat de Catalunya, renomeando o seu departamento como de ‘ensino’. Deste xeito xustifícanse as accións…
-
O que trouxeron os reis
Onte foi a sorpresa para os nenos. Xoguetes, a pesares da crise. Para algúns, significativamente menos que outros anos. Outros, nin o notaron. Moitos, continuaron alimentando unhas reclamacións esixentes como reis da casa e da sociedade que efectivamente son. O discurso real da noite anterior xa o deixaba claro en Ribadeo, que había que loitar…
-
Bo tempo, pero frío
Días soleados, pero máis ben fríos. O tempo meteorolóxico, a temperie, ás veces é como un alter ego para outro tipo de situacións. Nestas datas de Nadal, con discursos varios, de real a local e volta ó comezo, saen as boas palabras a relocer como o Sol que nos ilumina e produce un benestar se…
