Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.418 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: filosofía

  • Sobre as cousas boas

    ‘As cousas boas sempre estarán aí’ é a lenda do anuncio publicitario que leva varios meses na rúa. Chamoume a atención dende o primeiro día non o fondo, plácido, senon que o anuncio fora precisamente dun produto perecedeiro. Está claro que por boa que sexa o leite que anuncia, co tempo, degrádase e deixa de…

  • Non hai contedores de lixo (con comida) abondos?

    Iso é o que se prantexa un comentarista ante a nova “Báñez prevé que España perderá un millón de habitantes por la emigración en la próxima década“. Ante a situación poboacional galega, teño deixado xa máis dunha entrada. Neste cso, déixoa ante a situación xeral española, cun agravante: se ben xa non estaba boiante antes…

  • Día grande

    Oito de setembro. Dia grande das festas. As festas foron ‘as festas do oito’. Este ano tiveron un prolegómeno do que non vexo que polo momento se faga eco o xornal: a rotura do pao que soporta a vela do Juanín, na rotonda do instituto (agora si, xa Instituto de Ribadeo a secas). Onte saltou…

  • Millor, mirar a outro lado

    Por exemplo, fóra da Terra, a uns 260Mkm, onde hoxe a Curiosity chegou a Marte para proseguir unha últimamente de capa caída investigación espacial. E é que, se aquí a nivel Ribadeo imos quedarnos sen algunhas conexións de tren, e ademáis haberá trens que non chegarán, como os que circulen polo longamente anunciado pero cada…

  • A piques de rematar o día

    Temas posibles, a antropoloxía da xira (de novo), o atardecer coa luz marabillosa sobre a ría de Ribadeo, … ou a lembranza de que ata o momento este 6 de agosto, vaian 67 anos dende a morte da humanidade en Hiroshima. Desto último só vexo en toda a rede que frecuento unha entrada de Noam…

  • Non se escoitan os rumorosos

    25 de xullo, e non se escoitan os rumorosos. Quizáis porque os pinos de Pondal foron substituídos por eucaliptus ou cálitros, o rumor xa non é o mesmo. Pode que a falta de entendemento veña de que a Galicia de hoxe ten pouco que ver coa de hai tempo, ou porque os galegos (si, coa…

  • Ribadeo foi unha festa … pasaxeira, que por iso son festas

    Visto en internet, escrito por Ignacio Escolar: Ya sé lo que siente un argentino: fracaso económico y éxito futbolístico. E foi unha festa, pero non das correntes. Estábase a celebrar antes de que sucedera, baixo o lema de ‘e eu, máis’. Non importou gransgreder, sempre que se mantivera a cousa dentro das consignas do día.…

  • 1000 €, 300000 € e outras nimiedades

    Collo un suplemento de xornal do pasado domingo e atópome con dúas cifras: 1.os estudantes da universidade española son 1 650 000 no curso que remata. 2.o goberno espera aforrar 1 700 M€ coa suba de taxas. Xuntamos as dúas cifras e atopamos a primeira parte do título: 1 000 € máis de matrícula por…

  • Xornal dixital Porta Norte

    Onte asistín a unha pequena xuntanza. Tivera orixe en internet días antes, artellando unha idea cun pequeno desenrolo pero posibilidades de gran potencial: a creación dun xornal dixital en Ribadedo. Asistín máis que participei. Fago a distinción porque o mesmo que había máis xente na lista da que participou ó final, o compromiso dos que…

  • Resolución do claustro de profesores do IES Porta da Auga

    A conto de que saíu nos xornais onte algún comentario recollendo partes do acrodo adoitado a pasada semana polo calustro do IES Porta da Auga, fíxenme coa resolución enteira, que reproduzo: Resolución Claustro de Profesores/as A Secretaría do ÍES Porta da Auga, concello de Ribadeo, informa que o Claustro de Profesores/as, na reunión celebrada o…