Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.418 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: filosofía

  • Transparentando Ribadeo

    Para a participación de todos, todos necesitamos saber. Non moreas de datos que nos entren polos ollos e nos deixen saturados, senón datos que saibamos que podemos acceder dun xeito sinxelo cando queiramos. Non se trata pois da ocultación máis o menos solapada ou imposta ó uso durante tanto tempo en Ribadeo, nin a suposta…

  • Cada vez máis

    Cada vez máis, pálpase o apartamento da política da vida da xente. De xeito suave, inconsciente, pasa da xestión dos asuntos propios, da economía (que non sexa a limitada ó ‘eu teño’), da política (a ‘polis’, a cidade, é algo abondo grande para quen non mira máis co seu ombigo), da sociedade (o pequeno grupo,…

  • Mandela morreu. Viva Mandela!

    Días despois da morte de Mandela, despois de que todo o mundo se apunte á súa unión espiritual, coido que cabe lembrar que Mandela era humán. A súa humanidade implica que outros humanos poideran seguir os seus pasos, algo que negaría se fora sobrehumán, e que sería moi negativo para a propia humanidade: reduciría a…

  • O anticuado coñécete a ti mesmo

    Os gregos estarían marabillados: coñécete a ti mesmo? Non é necesario facer un esforzo de coñecemento propio! Xa está a NSA e compañía (incluídos Google ou Amazon) facendo iso por nós. Chega dicir: ‘Por favor, NSA, como son?’, ou ‘Google, dime que crees que debo mercar’. E tes unha resposta cuasi determinista do que tes…

  • Relativismo mental. Are you ready?

        Onte, lendo o xornal, pasáronseme varios clichés pola testa. E ocorrúseme que ó fin, facía falta un cambio de mentalidade, unha preparación persoal, para o cambio social. O malo é que esa preparación coido que estase a facer en sentido inverso ó que me gustaría. Deixo un par de parágrafos para ver se me…

  • Gandhi en Ribadeo un luns pola mañá?

    No seu momento, a relación político-social cambiou lixeiramente coas prácticas de Gandhi, que introduxo de xeito práctico a non violencia fronte a unha violencia institucional. En España o que chaman democracia e non o é está facendo experimentar á poboación, a nós, un abano de prácticas, dende a violencia (pouca, estimo) ata o apartarse do…

  • A corrupción, as touradas e a pregaria

    A este paso, imos pedir cada mañá a nosa ración de novas de corrupción: xa estamos enganchados a elas, e se nos faltan, sufriremos un baixón. Algo así como o que tentaba reproducir o conto castizo relatado como ‘A dónde vas? A los toros! De donde vienes? De los toros …’: xaleando á ida, pasotas…

  • Adeus ó “Dura lex, sed lex”

    Deixo a ligazón á última viñeta de Manel Fontdevila na que un operario está a levarse un carteliño ben feito coa lenda “Dura lex, sed lex”, mentras baixo da estatua representado a xustiza equilibrada un pudente e un togado escriben de xeito chapuceiro, aínda que tentando poñer tento, ‘to er mundo e güeno’. Cabe lembrar…

  • Porque aquí no va a la cárcel ni dios

    Ó final da proposta B de selectividade en Galicia para lingua castelá é nidio e cortante. O texto, de Manuel de Castro, Crónicas de la emigración, 21/1/2013, adaptado, faría pensar ós alumnos que ‘Spain is different’: amosaba a confesión de Lance Amstrong e contrapoñíaa ó que sucede en España. No deporte, si, pero sobre todo,…

  • Estafa autorizada? Xa non é nova!

    Xa non sorprenden novas como a que remato de ler en Galicia Confidencial: Nova “quita” do 13% ás preferentes de Novagalicia. Nin tampouco que un deputado cobre por dous sitios diferentes o aluguer dun piso de luxo en Madrid, ou que alguén que apenas sabe ler deba entender o galimatías das preferentes, mentras un político…