Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.418 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: filosofía

  • Dignidade e difusión

    Non é a primeira volta que sinalo que temos demasiada información. Que, de feito, nós mesmos a restrinximos para poder nadar sobre ela. Pero unha cousa é que a restrinxamos nós, cos nosos criterios, e outra cousa é a censura externa da información que nos pode chegar (por suposto, a máis das informacións dirixidas, interesadas…

  • dende Ribadeo, máis aló do Facebook

    Segundo Facebook, Ribadeo xa está en Galicia (aínda que, se te pos a trastabillear, habería que matizalo). Érache boa! Como se porque o dixera o Facebook, Ribadeo deixara de estalo. Mais esa situación campou anos, cos perxuízos correspondentes, con difícil solución. Tan difícil solución que O Tesón non conseguiu o cambio, e o alcalde, por…

  • Mércores de cinza

    O antroido trouxo, como tódolos anos, outras posibilidades de vida mediante o cambio do disfraz. Queda o remate, pero nunha adaptación á realidade, tódolos anos é o mesmo: as máscaras son xa previsibles, de negro e chorosas. Onte foi xa mércores de cinza, e pasou a festa vital, rematada polo rito relixioso, marcada por el…

  • Ceuta, como exemplo

    Estamos vendo nas novas sobre Ceuta e a inmigración un exemplo da pauta xeral que se mantén dede hai xa tempo por parte do estado para case calqueira cousa. Case nos podemos preguntar se é por convencemento, necesidade estimada ou sinxelamente costume. A cousa é que ‘a morte’ (así, estimada polos medios como tal, descartando…

  • Micromachismos

    Chamoume a atención. Entrei, vin, e ten boa pinta. Chámase micromachismos. Curiosidades do machismo que parecen só iso, curiosidades, sendo sinxelamente unha expresión de machismo. Non, non tomo partido de antemán de oídas. Como home, ás veces tento poñerme no lugar dunha muller para comprender. E coido que, co tempo, vou facéndoo mellor, fixándome en…

  • A nova é que chove?

    Si, chove a cántaros. Estamos no tempo. Un percebeiro furtivo foi ó mar e o mar levouno. As ondas son bonitas e perigosas. Vai frío. Estamos no inverno. É natural. Pero, falar do tempo? Non hai outras cousas? Xa se solucionou a Sanidade e artellou unha mellor educación? Os corruptos foron xulgados e condenados? Deixou…

  • Ouro non

    Non, non é ouro todo o que reloce. Amósase día a día. E cando algo asemella relocer como ouro, imos averigualo. Chámanos a atención. Agachámonos para remover un pouco a terra, para coller o que parece, … é dicir, facemos un pequeno esforzo. Si, é chamativo para nós. Agora, fagamos unha tradución a aunha empresa…

  • Especulando

    Onte houbo pleno. E pregúntome, quen o poderá contar dun xeito obxectivo estando interesado polos temas do pobo? Cánta xente iría? A atracción dos plenos segue coma sempre, desaparecida (feita desaparecer) coas excepcións de intereses particulares ou gremiais (particulares dun pequeno conxunto) De novo, o salón de plenos recibiu un tratamento de temas públicos cunha…

  • Enfocando 2014

    Inxenuo. Isa é a verba que se me ven á cabeza despois de dous artigos vistos esta mañá. Un deles, unha charla nun foro informático que non fai máis que ampliar o coñecemento da nosa falta de privacidade, algo que nos está a levar a un abano de posibilidades entre enxame, colmea e rabaño, ninguna…

  • Ilusión

    Achéganse días de ilusión. Para os maiores, a lotería do día 22, co escepticismo de quen sabe que polo momento, para poder ter opción a un premio, xa tivo que desembolsar cartos, e, por termo medio, tócalle perder. Para os pequenos, a ilusión da maxia dos agasallos dun poder imaxinario, de magos, o poder real.…