Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: filosofía

  • Saúde e liberdade. Pablo Mosquera

    Saúde e liberdade (dedicado a todos os meus pacientes… amigos/as)    O obvio non sempre está presente. Carecer de algo supón darlle o seu xusto valor. Nun mundo globalizado, controlado, automatizado e case robotizado, as pequenas cousas vanse perdendo en recónditos espazos do noso cerebro. Agora, as carencias e as abundancias, as rupturas da cadea…

  • Sobrepasamos a China

    Remato de velo. Hoxe, 30 de marzo, sobrepasamos a China en número total de infectados despois de tela duplicado xa onte en número de mortos. A este paso, é posible que cheguemos a adiantar a Italia en contaxiados en cousa dunha semana, pero a cousa non está clara, pois tamén aquí está comezando a diminuír…

  • De José Luis Sampedro, e tres pequenos comentarios

    José Luis Sampedro en 2006. Lic. CC BY SA 2.0, de Íñigo González, tomada de https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Jos%C3%A9_Luis_Sampedro_(2006).jpg Hai tempo que teño moi ben considerado a José Luis Sampedro. De feito, dende que sei del. Tanto como novelista como como economista, pensador ou activista. Nestes días de encerro, recobro algunhas cousas ás que non daba chegado para…

  • No medio doutra crise

    O Covid 19 colleunos en medio doutra crise. Cabería mellor dicir doutras, pero imos simplificar, centrándonos nunha soa. Así pois, no medio doutra crise. Podemos escoller crise. Así pois, collo a crise climática, pode que a que se vai percibindo como máis acuciante no tempo. Cólloa porque remata de chegar á miña vista un artigo,…

  • Sostibilidade, unha palabra

      Hai palabras de moda. Na actualidade unha desas é ‘sostible’ (e as súas derivadas, como Sostibilidade). Moitas veces, o malo destas modas é que facendo ver e resaltando o que indica a palabra, banalízase o significado. As verbas trivialízanse, asumindo unha precisión imprecisa. Precisión de significado fixado; imprecisión de interpretación e cumprimento.   Sostible.…

  • Se non sodes iguais, amosade que sodes diferentes

    Trasformado de Rama, CC BY-SA 2.0 fr, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=2067181 Noraboa, lográchedelo. Porque iso era o que íades procurando, o medre das posturas máis extremas, as diferentes ás nominais ata o de agora, non? Tentando igualar a corrupción por arriba, tomando unhas decisións mentres que se manifestan outras, con loitas internas solucionadas cun liderazgo non forte, senón…

  • Elección non rima con bon

    ‘Eran os mellores tempos, eran os peores tempos’. Así comeza a ‘Historia de dúas cidades‘ de Dickens. E así podería comezar a nosa historia actual camiño dunhas novas (e)leccións o 10 de novembro. E é que hai xente para quen ‘as cousas’ marchan ben. E para a que non, nin moito menos e diríase que…

  • Clientelismo, caciquismo ou outra cousa?

    De Castelao. Imaxe collida dun blog, que o colleu doutro, que… mentres, a historia segue Definicións do dicionario da Real Academia Galega: Clientelismo: Práctica social e política en que se establecen relacións de dependencia entre persoas ou organizacións poderosas e os seus partidarios ou colaboradores, os cales esperan obter a cambio determinados favores ou beneficios…

  • Mirando ó mundo: EEUU en precampaña

    Hoxe atopei unha páxina que permite mirar a política dos EEUU esta tempada e comprender algo máis do que alí sucede, incluídos o tiroteo antihispano de esta semana, e con esa comprensión, facerse unha idea de como funciona / consecuencias inducidas do tema por lugares máis próximos a estes lares. Trátase de https://2020campaigntracker.com, unha páxina…

  • Casas de apostas (II)

    Hai pouco máis dun mes publicaba o artigo ‘Casas de apostas‘. Hoxe vexo que o concello ten liberado unha nota de prensa (que por certo, nestes momentos aparece nos medios dixitais pero non na súa propia páxina, http://ribadeo.gal/) na que da conta de (ou da que se desprenden) varias cousas relacionadas entre si e co…